miércoles, 23 de enero de 2013

Axudas millonarias aos empresarios que seguen a despedir

 
O paro no sector da comunicación en Galicia multiplicouse por 15 dende que empezou a crise.
 
Nos últimos anos desapareceron numerosas cabeceiras de comunicación. A práctica totalidade delas eran medios en galego (Galicia Hoxe, Vieiros, A Nosa Terra, A Peneira, Gznación) ou cunha presenza relevante do idioma propio (Xornal de Galicia).
 
Malia que os medios en español reciben moitas máis axudas públicas, tampouco  se libraron dos recortes. Houbo EREs, por exemplo, en El País, El Correo Gallego, La Región ou Cope e despedimentos na práctica totalidade do resto, tamén nas cabeceiras de máis tirada e máis subvencionadas La Voz de Galicia e Faro de Vigo.
 
En tempos do bipartito, o Parlamento de Galicia aprobou unha proposición non de lei para que se condicionase as axudas públicas ao mantemento do emprego estábel.  PP, PSOE e BNG votaron a favor; pero nin o PP aplicou o que votou cando regresou á Xunta nin o PSOE nin o BNG o fan nos concellos e deputacións que gobernan.
 
Só a Xunta na primeira metade da pasada lexislatura concedera 11,9 millóns de axudas a dedo a determinados empresarios da comunicación. 
 
Fte: www.galiciaconfidencial.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario