viernes, 11 de enero de 2013

"Menos asistencialismo e ladrillo e máis autonomía persoal"


A Federación Vida Independiente (FEVI) e o Foro de Vida Independiente y Divertad consideran errada a política da Xunta orientada ás persoas con diversidade funcional, exemplificada no gasto dun millón de euros no Centro Gallego de Desarrollo Integral ou nos 14 millóns que custou a residencia de Bóveda. "A política da Xunta revela premisas ancoradas en políticas sociais obsoletas, asistencialistas e erixidas sobre a contundencia do ladrillo e a prevalencia do profesionalismo fronte á autonomía persoal como expresión da inclusión social"
Estas dúas entidades afirman que o referido investimento no Centro Gallego de Desarrollo Integral " revela premisas ancoradas en políticas sociais obsoletas, asistencialistas e erixidas sobre a contundencia do ladrillo e a prevalencia do profesionalismo fronte á autonomía persoal como expresión da inclusión social". Ademais consideran que posterga "outros investimentos públicos que implican solucións directas para os proxectos de vida dos cidadáns (caso do fomento dos sistemas de asistencia persoal)". Ademais cren que obras como esa potencian "modelos que en última instancia son segregadores ao entender que a inclusión debe vir da man de contornas especializadas en asistir, educar e xestionar a vida doutros". "Existe un claro transfondo de aspiracións continuistas e hexemónicas de grupos establecidos sobre o negocio da discapacidade"

As dúas asociacións critican que "existe un claro transfondo de aspiracións continuistas e hexemónicas de grupos establecidos sobre o negocio da discapacidade", e que estas entidades levan todos os anos "unha elevada cantidade de diñeiro público e nas que cada vez se fai máis necesaria a aplicación de criterios de transparencia pública e obxectividade no gasto". E denuncian que esta iniciativa da Xunta de Galicia xunto a outras como a anunciada maior residencia para persoas con diversidade funcional de Galicia, situada no concello lucense de Bóveda, é "un desacertado exemplo máis no camiño privatizador emprendido polas administracións autonómicas: facilitar con investimento público negocios de asistencia social so pretexto dunhas supostas maiores bondades para uns usuarios que só serán levados á segregación".

Fte: www.praza.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario