D.
Julio Abalde Alonso
Reitor
da Universidade de A Coruña
Ante a recente comunicación sobre a
realización dunhas “Xornadas sobre Traballo Sexual” na Universidade que vostede
dirixe, o Partido Solidaridad y Autogestión Internacionalista (SAIn) de
Galicia, quere amosar o seu rexeitamento a ditas Xornadas.
Desde o SAIn consideramos a prostitución
como un acto de violencia e contra a dignidade das persoas, que en ningún caso
pode ser considerado un traballo. Consideramos, ademáis, que a UDC ten a obriga
de coñecer que, no caso de España, esta violencia estase a exercer na súa
grande maioría sobre mulleres inmigrantes empobrecidas, e que nunha enorme
porcentaxe son vítimas de trata.
A posible existencia dun grupo
minoritario de mulleres que afirmen exercer de maneira voluntaria a actividade da
prostitución, non elimina a violencia inherente á mesma, e supón un inaceptable
paso atrás na urxente eliminación desta agresión ás persoas, que está cobrando centos
de miles miles de vítimas en todo o mundo, nun negocio que aproveita as
desigualdades económicas a nivel mundial para violentar as persoas mediante a
coerción física ou económica.
Asimesmo, non consideramos aceptable o
comunicado da UDC no que se argumenta que “O debate entre regulacionistas e
abolicionistas da prostitución está aberto na sociedade e no propio movemento
feminista. É lóxico e ademais desexable que este debate chegue á universidade.”
Por una banda, ese debate non vai
existir, dado o posicionamento das Xornadas e as persoas e institucións que
participan, a favor da regulación e consideración da prostitución como un “traballo”.
Por outra, nunha cuestión na que se
están vulnerando de xeito permanente e salvaxe os Dereitos Humanos, como neste
caso, a Universidade non debe colaborar á lexitimación da prostitución amparando
un discurso que colabora a manter a violencia e os ataques á dignidade humana.
Santiago de Compostela, 10 de setembro
de 2019
No hay comentarios:
Publicar un comentario