Trancribimos un Manifesto asinado polo partido SAIn, entre outros partidos, en relación coa igualdade de oportunidades nas eleccións.
A
celebración das eleccións autonómicas no País Vasco e Galicia, o próximo 21 de
outubro, é un acontecemento de gran transcendencia ante a situación económica e
política que vive o conxunto do noso país.
Nelas, todos os cidadáns teremos a capacidade para decidir a que formacións, candidatos, programas e alternativas outorgamos a confianza para dirixir o goberno da nosa comunidade, nun momento especialmente decisivo, e marcado pola esixencia de recortes á inmensa maioría da poboación.
Pero, para que iso sexa posible, para que o conxunto de cidadáns poidamos exercer libremente o noso dereito democrático, é imprescindible que se respecten os valores de pluralidade e igualdade de oportunidades.
A abusiva monopolización do espectro mediático e dos espazos de propaganda electoral gratuítos por parte dos grandes partidos, e a marxinación do resto de formacións parlamentarias ou dos partidos extraparlamentarios, restrinxen o necesario debate democrático, e minan a capacidade de decisión electoral de cada un dos cidadáns.

Se
se impide a todas e cada unha das formacións que se presentan nestas eleccións
dispoñer dunha plataforma para facer chegar as súas propostas e alternativas
aos cidadáns, estaremos a restrinxir perigosamente o dereito a decidir e, polo
tanto, a democracia.
E, cando as liberdades se limitan, todos saímos perdendo.
Por iso, as organizacións que promovemos este comunicado, pedimos ao conxunto de medios públicos e privados, e aos profesionais da comunicación, que nestas eleccións poñan todos os medios ao seu alcance para que cada unha das candidaturas que se presentan á contenda electoral teñan as mesmas oportunidades de facer chegar aos electores as súas propostas e programas.
En especial, chamamos aos medios públicos a salvagardar o dereito dos cidadáns a coñecer axeitadamente toda a oferta programática para así garantir unha decisión consciente e plena na elección da súa opción política. Cremos para iso conveniente desenvolver nas informacións e debates unha pluralidade efectiva, prestando unha especial atención a dar voz ás formacións máis modestas.
Chamamos tamén aos medios privados a que recollan a enorme pluralidade de alternativas que van presentarse ás eleccións. E, neste sentido, aos medios locais, tanto de raio, televisión, como prensa e internet, a que dean a oportunidade a todas as candidaturas a dirixirse aos seus conveciños.
Por todo isto, pedimos realícense debates e entrevistas nas que participen todas as candidaturas que concorren ás eleccións autonómicas, en televisión, radio, prensa e internet.

Demos el Cambio (DeC)
654584147
Hartos.org
(Hartos.org) 678023474
Partido Humanista (PH)
686665261
Piratas de Galicia
(PIRATA.GAL) 656433007
Por Un Mundo + Justo
(M+J) 637559973
Solidaridad y
Autogestión Internacionalista (SAIn) 630115130
Unificación Comunista
de España (UCE) 656947189
No hay comentarios:
Publicar un comentario