Fte: extracto de www.praza.com
Son dramas humanos provocados polo embargo ao que son sometidos aqueles cidadáns que non poden facer fronte á hipoteca. Familias sen teito afogadas polos bancos que reclaman os seus cartos mentres son rescatados recibindo miles de millóns de euros das administracións. As cifras arrepían. Se en 2012 o ritmo de desafiuzamentos en Galicia situouse nos nove ao día, no que vai de 2012 case se dobrou até rozar os 17 diarios, 120 á semana. Todo, mentres no país hai preto de 38.000 vivendas baleiras sen estrear, tal e como se tira dos datos que facilita o Goberno central.
Así, o aumento destes desafiuzamentos desde 2007 a 2011 é do 185% (desde 701 a 2.003), polo que supón multiplicar case por tres o seu número desde que comezou a crise económica. En total, máis de 9.000 desafiuzamentos desde entón en Galicia, que podería superar os 10.000 ao final de ano, xa que agora o CGPJ tamén contabiliza os datos dos xulgados de primeira instancia e, polo tanto, daquelas pequenas localidades sen servizos comúns de notificación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario