domingo, 23 de octubre de 2011

A SOLIDARIEDADE COS EMPOBRECIDOS DA TERRA ESTARÁ PRESENTE NA PROVINCIA DE A CORUÑA O 20-N





O partido SAIn (Solidaridad y Autogestión Internacionalista) presentarase ás vindeiras eleccións xerais pola provincia de A Coruña (ademáis de outras 13 provincias máis do resto de España).

O SAIn xa ten presentado nas correspondentes xuntas electorais os avales necesarios para cumprir as trabas burocráticas que o PSOE, o PP, CiU e PNV, co beneplácito de IU e UPyD impuxeron na última reforma da lei electoral.

O SAIn considera antidemocrática a esixencia, aos partidos sen representación parlamentaria, de recoller o 0.1% dos avales do censo electoral como pre requisito para presentar candidatura. É evidente que o obxecto de dita reforma da lei electoral é rematar co pluralismo político e fomentar o bipartidismo.

Ademáis, dende o partido SAIn:

AGRADECEMOS

O apoio dos cidadáns que decidiron non conformarse co bipartidismo crecente.
O aval dos miles de cidadáns que avalaron a candidatura do partido SAIn en A Coruña, Valladolid, Burgos, Palencia, Oviedo, Madrid, Sevilla, etc.
Aos que apostaron pola democracia e dixeron NON ás trabas burocráticas que nos impoñen.
Aos que decidiron que avalaban que os empobrecidos estiveran nas Eleccións Xerais do 20-N.

LAMENTAMOS

· Que a Reforma da Lei Electoral sexa para coartar a democracia, o protagonismo dos cidadáns. Lamentamos que os partidos políticos estiveran de acordo en asegurar os seus sillóns e deixar fóra a moitos cidadáns que non se senten "representados" por eles.
· Que os Concelleiros de Santiago decidiran non respostar á petición oficial de avales que o partido SAIn solicitou o pasado 4 de Outubro .Os concelleiros de Santiago mostran o seu carácter antidemocrático ao non apostar por agrandar a democracia, ao poñer trabas a que haxa máis opcións políticas, máis "control" democrático, máis protagonismo dos cidadáns.
· A actitude da policía local de Santiago impedindo a recollida de sinaturasas nas nosas rúas e dificultando a colocación de postos informativos sobre a reforma da lei electoral.

O partido SAIn seguirá traballando para que a solidariedade cos empobrecidos da terra se escoite nesta eleccións xerais do 20 de Novembro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario