Poñémonos en contacto para presentarche unha oportunidade de diálogo con Carmen Avendaño. O vindeiro martes 19 ás 19:30h estará na Casa de Cultura e Solidariedade (Rúa do Home Santo 47, baixo -preto da estación de buses e da pza Iqbal Masih-). A entrada é libre ata completar aforo.
Carmen Avendaño
é a portavoz de "Nais contra a Droga"; é a cara visible dunha experiencia de loita en Galicia nos anos 80 e 90 que cambiou
á sociedade e fixo que “Galicia non se convertera en Sicilia”. A
loita destas mulleres contra o narcotráfico foi un exemplo que se estendeu
noutras comunidades. En ningunha foi como en Galicia. A promoción, a
militancia, a loita, o amor... desta experiencia pagan a pena.
Carmen,
Fina, Dora, Tonina,... saíron ás rúas para que se fixera xustiza porque os seus
fillos estaban desaparecendo e querían denunciar aos asasinos, querían
denunciar o negocio da droga. E así, saíndo á rúa, comezaron a espertar a unha
sociedade que estaba narcotizada, insensible aos dramáticos efectos da droga. Carmen Avendaño falará de mulleres anónimas que deron un volantazo
á súa vida para loitar asociadamente.Agardamos que sexa do teu interese e que poidas vir acompañado...
Unha aperta,
Cristina.
No hay comentarios:
Publicar un comentario