A emigración española aumentou un
21% en 2012, segundo os datos do Instituto Nacional de Estadística. Ata
setembro, 54.912 españoles tiveron que emigrar, seguramente a maioría en busca
de emprego. Mentres tanto, aquí mantense unha reforma sanitaria que nega a
asistencia aos inmigrantes que non obtiveron “papeis”.
Uns e outros son na maioría mozos, que abandonan o país obrigados pola necesidade, e que desexan traballar,
poñer en funcionamento as súas capacidades e coñecementos, e recibir un salario
para ter unha vida digna. Os emigrantes españois, dos que os galegos son os
máis numerosos, escapan dunha sociedade cun 52% de paro xuvenil, nun mundo
dominado por multinacionais como ZARA ou MANGO, que deslocalizan a súa producción
a países empobrecidos onde pagan miserias.
Os mozos inmigrantes que chegan aquí, por
contra, escapan de realidades de fame e guerras, en países tamén dominados por
multinacionais mineiras ou enerxéticas, como REPSOL. Cara un lado e outro,
persoas, con dignidade e necesidades, vítimas dunha economía en mans de
corporacións xigantes.
Ningún deles é ilegal, os seres humanos non
somos ilegais. A reforma sanitaria é unha aberración, inmoral e inxusta,
e miles de profesionais e tamén de políticos están a esquivala en España. É
momento de botala atrás, de avanzar nos Dereitos Humanos, e de asociarse contra
a economía salvaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario