lunes, 11 de febrero de 2013

COMUNICADO DE PRENSA: ENCONTRO CON CARMEN AVENDAÑO



COMUNICADO DE PRENSA

CARMEN AVENDAÑO
Presidenta da Fundación Érguete e impulsora de “Nais contra a Droga” estará en COMPOSTELA.

O martes 19 de febreiro de 2013 Carmen Avendaño estará en varios centros escolares da cidade e na Casa de Cultura e Solidariedade pola tarde.


Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2013.


Carmen Avendaño é a portavoz, a cara visible, dunha experiencia de loita en Galicia que cambiou á sociedade e fixo que “Galicia non se convertera en Sicilia”. A loita contra o narcotráfico destas mulleres foi un exemplo que se estendeu noutras comunidades. En ningunha foi como en Galicia. A promoción, a militancia, a loita, o amor... desta experiencia pagan a pena.
Carmen, Fina, Dora, Tonina,... saíron ás rúas para que se fixera xustiza porque os seus fillos estaban desaparecendo e querían denunciar aos asasinos, querían denunciar o negocio da droga. E así, saíndo á rúa, comezaron a espertar a unha sociedade que estaba narcotizada, insensible aos dramáticos efectos da droga.
O partido SAIn de Galicia quere “rescatar” experiencias de loitas de persoas anónimas que son quen de antepoñer o ben común e empeñar as súas vidas na construcción dun mundo máis humano. Carmen Avendaño falará de mulleres anónimas que deron un volantazo á súa vida para loitar.
O encontro con Carmen Avendaño será o martes 19 de febreiro ás 19:30h na Casa de Cultura e Solidariedade.
Entrada libre ata completar aforo. Rogamos puntualidade.

¿ONDE?  Rúa do Home Santo 47, baixo. Santiago de Compostela  (a poucos metros da Pza Iqbal Masih e da Estación de Autobuses)

Referencia:
Cristina Bandín 669408855

No hay comentarios:

Publicar un comentario