miércoles, 28 de noviembre de 2012

Santiago de Compostela declárase municipio libre de desafiuzamentos



A medida aprobarase este xoves no Pleno Municipal
As persoas afectadas e os colectivos sociais da cidade celebran unha iniciativa histórica

Desde o vindeiro xoves 29, a cidade de Santiago de Compostela declararase oficialmente “Municipio libre de desafiuzamentos”, segundo acordou o Concello desta localidade, cuxos membros se implicarán directamente nos casos para evitar que as familias sexan desaloxadas das súas vivendas.

O acordo municipal implica unha serie de medidas a nivel local que permitirán frear calquera tipo de desafiuzamento que as entidades bancarias pretendan executar sobre familias que, castigadas pola crise e en situacións económicas insostibles, non poidan facer fronte ao pago das súas hipotecas. O alcalde de Compostela, Angel Currás, indicou que o Concello que lidera “amosa o seu rexeitamento ao feito de que calquera familia da cidade, por mor da crise económica, poida ser desafiuzada”. Asegurou tamén que “o equipo de goberno estará en primeira liña defendendo o dereito á vivenda dos cidadáns afectados”.
(...)


Afectadas-os e colectivos sociais convidan a unha celebración popular
Quen mais se alegra da aprobación do novo “status” de cidade libre de desafiuzamentos son, claro está, as propias persoas afectadas, que ven salvada a súa vivenda tras pasar en moitas ocasións por auténticos calvarios. “Non pensabamos que isto fora posible, pero grazas á loita, á boa fe que demostrou o noso equipo de goberno e á colaboración das entidades bancarias, moitas persoas imos poder continuar coa nosa vida, libres desa ameaza suprema que é quedar sen un teito”, conta X.C.R, unha das afortunadas que se beneficiará do programa municipal.

(...)


Pola súa banda, o Valedor do Pobo, José Julio Fernández Rodríguez, declarou a súa satisfacción por ver atendidas e asumidas as políticas que levaba tempo tentando sacar adiante para acabar definitivamente “con esta lacra que atenta contra os dereitos humanos máis elementais”. Destaca a valentía do equipo de Goberno, “cuxo cometido non é outro máis que o de velar porque as institucións respecten escrupulosamente os dereitos que nos asisten”.

O arcebispo de Santiago, Julián Barrio, (...) apelou tamén ao “espírito de xustiza” e a “non poñer o beneficio económico por enriba do ben da persoa humana, nin o éxito individual por enriba da solidariedade”.

(...)

Puxo a disposición da comisión especial as vivendas baleiras que a Igrexa mantén na capital de Galicia para seren utilizadas por aquelas familias xa desafiuzadas e sen alternativa habitacional, a cambio dun pequeno alugueiro que non supere nunca o 20% dos ingresos da familia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario