miércoles, 16 de mayo de 2012

XORNADA DE FORMACIÓN POLÍTICA. SÁBADO 16 DE XUÑO DE 2012.

O partido SAIn é un partido político fundado hai 10 anos cunha clara visión internacionalista para rematar coa fame, o paro e a escravitude infantil, tres lacras que sofre a humanidade e que teñen unha única causa: o imperialismo económico. O mesmo que hoxe en España condena a máis de 5 millóns de persoas ao paro e a outras tantas na porta xiratoria do paro e a explotación laboral. Por iso queremos afondar nas bases dunha política que dea resposta a estes problemas dende a autoxestión e a solidariedade.

Contaremos coa colaboración de Juan Manuel González Aleja, Diego Velicia Miranda e Magdalena Pérez de Vallejo.

Lugar: Santiago de Compostela.
Día e horario: Sábado 16 de xuño de 10h a 19h.

Contidos: un mundo que clama xustiza; España: perda de conquistas históricas; explotación e paro; democracia e autoxestión; movementos sociais e esperanza; unha política para servir aos empobrecidos.

Prazo de inscrición: ata o 11 de xuño de 2012.
Colaboración económica: 5 euros.

Máis info e/ou inscrición: galicia@partidosain.es // 669408855 ou 633513404.



No hay comentarios:

Publicar un comentario