Que non, Sr Albino e Sres concelleiros membros do goberno municipal de Santiago, que non é de recibo que vostedes cobren aos cidadáns por poñer mesas informativas na rúa... que vostedes están aí para facilitar ese tipo de actividades. Deberían felicitar aos cidadáns por exercer o seu dereito á liberdade de expresión e por colaborar na vida democrática desta cidade.
Que non Sres, que non. Que non o consentiremos.Unha vez máis vostedes se columpian.
Enlace á nova da ordenanza que regula tasas por poñer mesas informativas na rúa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario