A medida aprobarase este xoves no Pleno Municipal
As persoas afectadas e os colectivos sociais da cidade celebran unha iniciativa histórica
Desde o vindeiro 
xoves 29, a cidade de Santiago de Compostela declararase oficialmente 
“Municipio libre de desafiuzamentos”, segundo acordou o Concello desta 
localidade, cuxos membros se implicarán directamente nos casos para 
evitar que as familias sexan desaloxadas das súas vivendas.
O acordo municipal implica unha serie de medidas a nivel local que 
permitirán frear calquera tipo de desafiuzamento que as entidades 
bancarias pretendan executar sobre familias que, castigadas pola crise e
 en situacións económicas insostibles, non poidan facer fronte ao pago 
das súas hipotecas. O alcalde de Compostela, Angel Currás, indicou que o
 Concello que lidera “amosa o seu rexeitamento ao feito de que calquera 
familia da cidade, por mor da crise económica, poida ser desafiuzada”. 
Asegurou tamén que “o equipo de goberno estará en primeira liña 
defendendo o dereito á vivenda dos cidadáns afectados”.
(...) 
Afectadas-os e colectivos sociais convidan a unha celebración popular
Quen mais se alegra da aprobación do novo “status” de cidade libre 
de desafiuzamentos son, claro está, as propias persoas afectadas, que 
ven salvada a súa vivenda tras pasar en moitas ocasións por auténticos 
calvarios. “Non pensabamos que isto fora posible, pero grazas á loita, á
 boa fe que demostrou o noso equipo de goberno e á colaboración das 
entidades bancarias, moitas persoas imos poder continuar coa nosa vida, 
libres desa ameaza suprema que é quedar sen un teito”, conta X.C.R, unha
 das afortunadas que se beneficiará do programa municipal.
(...)
Pola súa banda, o Valedor do Pobo, José Julio Fernández Rodríguez, 
declarou a súa satisfacción por ver atendidas e asumidas as políticas 
que levaba tempo tentando sacar adiante para acabar definitivamente “con
 esta lacra que atenta contra os dereitos humanos máis elementais”. 
Destaca a valentía do equipo de Goberno, “cuxo cometido non é outro máis
 que o de velar porque as institucións respecten escrupulosamente os 
dereitos que nos asisten”.
O arcebispo de Santiago, Julián Barrio, (...) apelou tamén ao
 “espírito de xustiza” e a “non poñer o beneficio económico por enriba 
do ben da persoa humana, nin o éxito individual por enriba da 
solidariedade”.
(...)
Puxo a disposición da 
comisión especial as vivendas baleiras que a Igrexa mantén na capital de
 Galicia para seren utilizadas por aquelas familias xa desafiuzadas e 
sen alternativa habitacional, a cambio dun pequeno alugueiro que non 
supere nunca o 20% dos ingresos da familia.
 
 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario