Mostrando entradas con la etiqueta UCE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta UCE. Mostrar todas las entradas

miércoles, 10 de octubre de 2012

Pola Igualdade de Oportunidades nas Eleccións.



Trancribimos un Manifesto asinado polo partido SAIn, entre outros partidos, en relación coa igualdade de oportunidades nas eleccións.

A celebración das eleccións autonómicas no País Vasco e Galicia, o próximo 21 de outubro, é un acontecemento de gran transcendencia ante a situación económica e política que vive o conxunto do noso país.
Nelas, todos os cidadáns teremos a capacidade para decidir a que formacións, candidatos, programas e alternativas outorgamos a confianza para dirixir o goberno da nosa comunidade, nun momento especialmente decisivo, e marcado pola esixencia de recortes á inmensa maioría da poboación.
Pero, para que iso sexa posible, para que o conxunto de cidadáns poidamos exercer libremente o noso dereito democrático, é imprescindible que se respecten os valores de pluralidade e igualdade de oportunidades.
A abusiva monopolización do espectro mediático e dos espazos de propaganda electoral gratuítos por parte dos grandes partidos, e a marxinación do resto de formacións parlamentarias ou dos partidos extraparlamentarios, restrinxen o necesario debate democrático, e minan a capacidade de decisión electoral de cada un dos cidadáns.
Se se impide a todas e cada unha das formacións que se presentan nestas eleccións dispoñer dunha plataforma para facer chegar as súas propostas e alternativas aos cidadáns, estaremos a restrinxir perigosamente o dereito a decidir e, polo tanto, a democracia.
E, cando as liberdades se limitan, todos saímos perdendo.
Por iso, as organizacións que promovemos este comunicado, pedimos ao conxunto de medios públicos e privados, e aos profesionais da comunicación, que nestas eleccións poñan todos os medios ao seu alcance para que cada unha das candidaturas que se presentan á contenda electoral teñan as mesmas oportunidades de facer chegar aos electores as súas propostas e programas.
En especial, chamamos aos medios públicos a salvagardar o dereito dos cidadáns a coñecer axeitadamente toda a oferta programática para así garantir unha decisión consciente e plena na elección da súa opción política. Cremos para iso conveniente desenvolver nas informacións e debates unha pluralidade efectiva, prestando unha especial atención a dar voz ás formacións máis modestas.
Chamamos tamén aos medios privados a que recollan a enorme pluralidade de alternativas que van presentarse ás eleccións. E, neste sentido, aos medios locais, tanto de raio, televisión, como prensa e internet, a que dean a oportunidade a todas as candidaturas a dirixirse aos seus conveciños.
Por todo isto, pedimos realícense debates e entrevistas nas que participen todas as candidaturas que concorren ás eleccións autonómicas, en televisión, radio, prensa e internet.

Demos el Cambio (DeC) 654584147
Hartos.org (Hartos.org) 678023474
Partido Humanista (PH) 686665261
Piratas de Galicia (PIRATA.GAL) 656433007
Por Un Mundo + Justo (M+J) 637559973
Solidaridad y Autogestión Internacionalista (SAIn) 630115130
Unificación Comunista de España (UCE) 656947189