viernes, 31 de mayo de 2013

EL PARTIDO SAIn DENUNCIA A INDITEX EN LAS CALLES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, MADRID, BURGOS Y LAS PALMAS En la tarde del Viernes 31 de Mayo las calles de varias ciudades de España (Santiago, Burgos, Madrid y Las Palmas) gritaron en solidaridad con los parados y explotados que empresas como Inditex van dejando atrás en su carrera por acumular más riqueza a costa del sudor y la sangre de otros. En Santiago se realizó una escultura humana denunciando la relación entre consumismo y explotación, se difundieron cientos de periódicos mostrando las noticias que nuestra prensa no quiere airear y se proyectó el documental elaborado por la televisión pública francesa "LA TRASTIENDA de INDITEX" donde se evidencia que Inditex usa niños esclavos para abaratar sus costes de produción.

miércoles, 29 de mayo de 2013

Entrevista sobre o grupo Inditex: moi interesante!

NOTA DE PRENSA: 31 DE MAYO EN COMPOSTELA



SAIN denuncia cómo Inditex utiliza la esclavitud infantil y la evasión fiscal para aumentar sus beneficios
Bajo el título El quiosco de la verdad: La trastienda de Inditex, se celebrarán actos simultáneos el día 31 de Mayo en Madrid, Las Palmas y Santiago de Compostela.

El partido SAIN -Solidaridad y Autogestión Internacionalista- celebrará el viernes, 31 de mayo a las seis de la tarde, actos de denuncia en Madrid (Callao), Las Palmas (Triana) y Santiago de Compostela (Praza Roxa). La acción consistirá en un quiosco donde se ofrecerá a los transeúntes periódicos informativos y el Cuaderno para la Acción Solidaria sobre el grupo Inditex. Amancio Ortega, dueño de Inditex, es la tercera mayor fortuna del mundo, con 43.200 millones de euros. El secreto de este éxito empresarial se basa en producir al menor coste posible en países donde no existe regulación laboral y en condiciones de explotación - esclavitud.

Para la cadena textil, que engloba a diferentes marcas como Zara, Bershka, Oysho, Stradivarius, Kiddy’s Class, etc. trabajan miles de personas en todo el mundo, muchos de ellos menores, a través de subcontratas. En Marruecos la jornada laboral es de 64 horas semanales, y el sueldo mensual de 178 euros. En Brasil, pagaron casi un millón y medio de euros por violar la normativa laboral del país. En dos revisiones realizadas en talleres que cosían para Zara, los inspectores de trabajo contabilizaron hasta 52 infracciones laborales. En 2006, la prensa portuguesa publicó que Zara contrataba a niños para coser zapatos. Les pagaba 0,20 euros por cada par que luego vendía a 40 euros.  

Estas y más denuncias de explotación, como las recogidas en Galicia en empresas que cosían para Zara, y las difundidas por el canal público France 2 (http://www.youtube.com/watch?v=Wvw9KZrAKRc); están recopiladas en un dossier de prensa y en un cuaderno informativo que serán repartidos en el “Quiosco de la verdad: La trastienda de Inditex”, en la tarde del viernes, en la Praza Roxa a partir de las 18h. En esta documentación también se explica cómo esta multinacional ha creado tres SICAV (Sociedades de Inversión de Capital Variable) en paraísos fiscales para eludir el 30% del pago del Impuesto de Sociedades. 

Referencia: Cristina B. 669408855 
prensasaingalicia@gmail.com
galicia@partidosain.es

CONVOCATORIA VIERNES 31 DE MAYO A PARTIR DE LAS 18H
SANTIAGO DE COMPOSTELA: PRAZA ROXA
LAS PALMAS: TRIANA
MADRID: CALLAO

domingo, 26 de mayo de 2013

Este viernes en Santiago de Compostela

"LA TRASTIENDA DE INDITEX"
KIOSCO EN EL QUE SE REPARTIRÁ PRENSA SOBRE QUÉ HAY DETRÁS  DE INDITEX. 
                                   A PARTIR DE LAS 18H EN LA PZA ROJA.

Estáis todos invitados a pasaros por allí. Lo que no dicen los medios de comunicación lo gritan las piedras. Guardar silencio sobre la verdad es hacerse cómplice de la injusticia.
¡ENTÉRATE DE LA VERDAD SOBRE INDITEX!




 

sábado, 25 de mayo de 2013

¿Eleccións anticipadas en Santiago de Compostela?


Son xa cinco os concelleiros do actual Goberno local de Santiago imputados pola Xustiza. Catro deles no marco da Operación Pokémon que instrúe Pilar de Lara, aínda que un deles dimitiu xa do seu cargo. Precisamente, o último foi o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, a quen lle chegou este venres a citación do Xulgado de Lugo.
Son tantas as imputacións no actual equipo de Goberno que os partidos da oposición non dubidan en pedir a dimisión de todos os concelleiros e a convocatoria de eleccións anticipadas. 



Fte: www.galiciaconfidencial.com

martes, 21 de mayo de 2013

Esclavitud infantil y conservas en Tailandia

Fte: extracto de www.lavozdegalicia.es


Entrevista al secretario general de la patronal Anfaco, Juan Manuel Vieites.

El que no haya estado en una conservera tailandesa no es fácil que pueda hacerse una idea de lo que es aquello.
 
-¿Usted ha estado?
-Sí. En alguna factoría no me dejaban entrar. Solo después de hacernos un lavado de cerebro [acompañaba a un empresario local] nos dejaron el paso franco.
-¿Y qué vio?
-Auténticas barbaridades. Para empezar, un incumplimiento claro de los acuerdos sobre derechos humanos, porque hay niños trabajando en las plantas. Por supuesto, los controles de seguridad del producto brillan por su ausencia. Baste decir que ni siquiera tienen medidores de temperatura en los esterilizadores. Cuando le pregunté al operario que los manipulaba que cómo sabía a cuántos grados estaba me respondió que no había problema, que le daba dos vueltas a la palanca y lo mantenía cerrado 25 minutos. Por no hablar de las condiciones en las que llega el pescado a las factorías...
-¿Y cómo llega?
-Caminando solo.
-Denoto cierta ironía.
-Cierta, no, toda. He visto descargar atunes a familias enteras, niños incluidos, desde los barcos hasta unas chalanas. Una vez en el muelle, con aquel calor y toda aquella humedad, los cargan en motocarros para llevarlos hasta las fábricas de transformación. Cuando por fin llega el bonito, ya no es que se haya descongelado, ¡es que casi ha aprendido hasta a andar! Pero, claro, como la teoría dice que la esterilización lo mata todo...
-Se supone que la UE tiene que cumplir sus propias normas.
-Lo cierto es que muchas veces nos preguntamos qué hacen los inspectores. Solo cuando insistimos mucho realizan controles. Por ejemplo hace unos meses. Y se confirmaron nuestras sospechas. Hubo 19 alertas alimentarias en países como Finlandia, Polonia, Malta...
-¿En cuestión de salarios también hay tanta diferencia?
-Sí. El presidente de la primera compañía tailandesa, que es lo mismo que decir del mundo, visitó una conservera viguesa hace unos años. Se quedó impresionando. «Con lo que ustedes gastan aquí, tengo yo 15 fábricas, y con lo que usted paga a una persona, yo tengo 26». Es la prueba evidente de que no estamos jugando con las mismas reglas.

jueves, 16 de mayo de 2013

“El Corte Inglés e Mango deberían ser xulgados en España polo ocorrido en Bangladesh”

 Que é unha empresa transnacional? Que papel xogan os lobbies ou a diplomacia económica? Que resistencia se podese exercer fronte ao poder que despregan as multinacionais? Para dar resposta a este tipo de preguntas o profesor de Dereito do Traballo da Universidade do País Vasco, Juan Hernández, que compareceu para dar a súa visión na Comisión de Dereitos Humanos do Parlamento, publicou o Dicionario crítico de empresas transnacionais xunto a Erika González e Pedro Ramiro. O libro recolle desde unha perspectiva crítica as reflexións de diferentes profesores procedentes da universidade, membros de ONG, organizacións sindicais e movementos sociais sobre as empresas transnacionais. Hernández avoga por implantar medios de control para enfrontar o poder das grandes corporacións e que catástrofes coma o derrube dun edificio de talleres téxtiles en Bangladesh, que xa matou máis un milleiro de persoas que tentaban gañar a vida, teña consecuencias penais para os directivos das multinacionais que encargaban alí a roupa.

Como se pode controlar as empresas transnacionais?
É complicado porque a responsabilidade da empresa transnacional sostense sobre o Estado onde inviste, comercia ou compra. Por exemplo, Mango e El Corte Inglés van a Bangladesh e só responden ante ese goberno. A arquitectura xurídica está pensada para que cumpran a lexislación de Bangladesh e punto. E no caso dese país, a lexislación laboral está sometida a un modelo neoliberal brutal. É dicir, os traballadores teñen unhas condicións laborais en canto a salario e descanso propias da Revolución Industrial. Non hai ningún control nin inspección, por iso é polo que caeu a fábrica en Bangladesh. As transnacionais instálanse alí porque a taxa de beneficio é altísima grazas á explotación que sofren os traballadores.

E como se pode romper ese círculo?
Pois hai que buscar mecanismos de control acordes cos tempos: extraterritorialidade. Iso significa que as empresas transnacionais non só estean sometidas á lexislación do país onde teñen a fábrica. É un escándalo que non se poida xulgar tanto a El Corte Inglés como a Mango en España polo que sucedeu na fábrica de Bangladesh onde se producía roupa para estas e outras multinacionais. Cando se dan feitos de alta gravidade relacionados cos dereitos humanos e está implicada unha multinacional española debería intervir un tribunal nacional. Trátase de extraterritorializar a situación e que os directivos desas empresas dean conta do beneficio que obteñen e se coñecían as condicións nas que se desenvolvía o traballo. É inconcibible que non haxa unha  responsabilidade civil e penal.
Habería que empezar por concienciar a sociedade do que supón a morte deses traballadores...
É certo. Temos que facer unha reflexión ética do que está a pasar cos políticos, cos directivos das empresas multinacionais e o que facemos cada un de nós. Non temos escusa. Hai que reaccionar.

A imaxe das empresas transnacionais é que son as que tiran do carro da economía e as que xeran emprego...
O modelo que estableceron é tan maldito que penetra na cabeza da xente. Suponse que estas empresas crean emprego. Pero, canto emprego, riqueza, transferencia tecnolóxica e cantos impostos pagan nos países receptores e canto chega ao seu país de orixe e transfórmase en emprego? Algo crearán. Pero a maioría do diñeiro vai a outros petos. Hai que metelos en cintura. Mire, Repsol gañaba en Bolivia nalgúns pozos un 82% de beneficio e pagaba un 18% ao Estado. Iso é un atraco.

Ante a presión, as multinacionais recorren á deslocalización...
Pero non marchan. En España vendeuse o mala que é a presidenta de Arxentina por nacionalizar a filial de Repsol, pero ninguén se preguntou pola seguridade xurídica das persoas e os seus dereitos humanos. O que habería que facer é pór aranceis para as empresas que deslocalicen e despois traten de vender no país. En Francia xa se fixo. O capital usa a deslocalización como instrumento económico e ameaza os dereitos dos traballadores cando faga falta.
O boicot é un instrumento eficaz?
As campañas de boicot foron eficaces. Máis que polas vendas, porque a imaxe corporativa queda danada. Para contrarrestar este tipo de estratexias e lavar a cara invisten millóns de euros ou dólares en publicidade e recorren a iniciativas como a Responsabilidade Social Corporativa (RSC), que é un código de conduta de normas do que se dota unha empresa e polo que se deben rexer os traballadores e os seus directivos.

É só un lavado de cara?
A RSC é unha estratexia de publicidade que lles permite ás multinacionais presentarse como empresas responsables ante os seus clientes e a sociedade no seu conxunto. Polo xeral, as que máis invisten en promocionar a súa RSC son as máis ineficaces e as que máis denuncias acumulan.
Resulta complicado cruzar os dereitos humanos cos intereses das multinacionais?
O principal son os dereitos colectivos. Trátase de explicar ben o que fan as multinacionais e entón poderase observar que, por exemplo, Repsol non crea tanto emprego en España. Ademais, ten paraísos fiscais e provoca graves impactos entre os indíxenas de América Latina.  Igual que resulta un escándalo que Telefónica siga obtendo beneficios e botando xente á rúa. Cando a sociedade entende que esas prácticas non son razoables vólvese máis esixente á hora de pedir unhas adecuadas normas de comportamento e respecto aos dereitos humanos.

Os políticos non parece que teñan moita capacidade de enfrontarse ás multinacionais...
Teñen tomado o poder político con varias fórmulas coma o lobby, a porta xiratoria (transvasamento de directivos do sector público ao privado), o diñeiro que presta a banca aos partidos... Vostede sabe canta débeda se lles condonou? O poder político poderíase plantar, pero non o fai porque está tomado.

Fte: eldiario.es

INSISTIMOS: INDITEX NOS TRIBUNAIS!!!!



lunes, 13 de mayo de 2013

¡¡¡ATENCIÓN!!! ¡¡¡¡ATENCIÓN!!!!

O ACTO CONVOCADO PARA O 16 DE MAIO PASOUSE AO VENRES 31 DE MAIO.

LAMENTAMOS AS MOLESTIAS OCASIONADAS. Pedimos desculpas e quedades convocados para o venres 31 de Maio.

A TRASTENDA DE INDITEX. 
QUIOSCO NO QUE SE REPARTIRÁ PRENSA SOBRE A VERDADE DE INDITEX. A PARTIR DAS 18H NA PZA ROXA.

Graciñas,


 

Mónica G. Prieto: unha xornalista galega en Siria

"Siria é un taboleiro de xogos, como o foi a guerra civil libanesa. E a guerra ten moito máis potencial desestibilizador que calquera outro conflito da zona. A guerra vai durar anos". Mónica García Prieto vive en Beirut dende 2007 e dende alí leva anos informando sobre o terreo das primaveras árabes e nos últimos tempos, sobre todo, da Guerra de Siria. A xornalista recolleu o xoves o IX Premio José Couso de Liberdade de Prensa e reivindicou o importante labor dos freelance para informar do que acontece. De feito, declarou que entende o galardón como "un recoñecemento xeral á cobertura da crise de Siria", onde só traballan xornalistas freelance que "non atoparon cabida en medios convencionais".

Este venres mantivo un encontro con xornalistas en Compostela, no que destacou o paulatino empobrecemento da informacion internaciónal e da cobertura dos conflitos armados: "Case ningún medio está cubrindo a guerra de Siria, que é o conflito máis importante que temos aberto nestes momentos. Nin sequera a CNN, que pode mandar un equipo unha vez ao ano e o resto do tempo o cobre con freelances". Mónica García salienta que "dende o 2001 coas Torres Xemelgas e sobre todo dende o 2003 e a invasión de Iraq cambiou completamente o xornalismo internacional". E conclúe que "a única forma de reducir a propaganda nunha guerra é que haxa moitos xornalistas sobre o terreo".

Un dos cambios máis importantes foi a práctica de empotrar os xornalistas nas unidades militares nortemericanas -viaxar con eles, ser protexidos por eles- como garantía para obter información en primeira liña. "Nunha guerra é moi difícil separar o xornalismo civil do militar, sobre todo dende que os redactores comezaron a ir empotrados. Vas cun chaleco e un casco coma os dos soldados. Por moito que leves roupa civil a min paréceme entendible que sexan disparados. E se non ías empotrado, ías acompañado por un camión cheo de soldados". Mónica García afirma que "iso fixo que se perdese o respecto polo reporteiro de guerra e ademais creou a paranoia de que é moi perigoso traballar nunha guerra. Sempre o foi, por suposto".
Todo iso acabou producindo, por unha banda, que os grandes medios deixasen de enviar xornalistas e cubrisen os conflitos por axencias ou a través de freelances. Outro dos cambios é que os grandes medios comezaron a traballar en grandes centros fortificados e a pagan mercenarios armados para os traslados: "pagas 3000 euros para un traxecto que podes facer en taxi por 30. Creouse un gran negocio ao redor dos correspondentes de guerra", explica. "Eu como freelance teño un plantexamento diferente: vou a un hotel pequeno e intento pasar desapercibida. Vestir como unha muller local, non falar en público para que non se note o meu acento e ir só acompañada por persoas da zona".

"Como os medios cada vez envían menos xente isto creou un espazo libre para os freelances, pero estes están mal pagados e non teñen apoios. E máis en Siria onde non funcionan as axencias de seguridade -mercenarios- coas que traballan os grandes medios", conta, "e así como en Bosnia había centos de xornalistas sobre o terreo e tamén en Afganistán ou Iraq, en Siria hai moi poucos que o cubran in situ. Todo isto provoca que a guerra se cubra mal con pezas soltas e de pouca profundidade e suxeitas á propaganda das dúas partes".
 

O traballo dunha xornalista na guerra

O traballo de Mónica pasa por seguir o gran curso da guerra: "hai que estar atenta a como evolucionan as frontes, que en Siria cambian moi rápido, porque hai combates todos os días e todos os días gáñase ou pérdese terreo". Pero tamén hai moitas historias persoais ou locais: "Eu estou en Beirut e vou a Siria cando teño un contacto. Pero en Beirut chegou xa un millón de refuxiados procedentes de Siria: son o 25% da poboación actualmente. A xente mendiga para que lle aluguen un cuarto, dorme na rúa, acampa onde pode ou aluga un anaco de terra para facelo".

Como flúe a información nunha guerra? "A versión do réxime chega pola axencia oficial Sana. E as dos rebeldes, como non teñen axencias ou medios de comunicación, chéganche por Skype ou polas redes sociais". A xornalista engade que "agora aos rebeldes teñen moitas máis conexións por satélite e multiplicouse o número de persoas que che mandan información. E non sabes que crer. Cada información que chega tes que contrastala por dúas ou tres vías. Ou chamas a alguén polo terreo: despois de dous anos teño unha rede de persoas que coñezo por toda Siria".
A fiabilidade das información que se difunden polas redes sociais é un dos puntos clave nestes momentos. Foron varias as informacións difundidas polos medios occidentais contra o réxime de Assad que partiron de vídeos falsos ou de informes pouco contrastados. "O primeiro é rectificar. A Guerra de iraq sustentouse nunha mentira", afirma e explica que "son moi cauta cos vídeos que me chegan dos rebeldes sirios pero comprobos se son reais ou non polos uniformes e sobre todo polos acentos". Tamén afirma que "en cambio hai moitas cousas ás que non se lles está dando a importancia que merece. Por exemplo a matanza de Bayda realizada por Assad, da que case non se falou porque coincidiu co atentado de Boston"
 

O futuro da guerra


 Mónica García Prieto augura que a guerra durará anos: "Siria é un taboleiro de xogos. Como o foi a guerra civil libanesa. En Oriente Próximo, dende a invasión de Iraq que é a caixa de Pandora que destapa os odios entres sunitas e xiítas, hai unha guerra fría entre eles.
Qatar e Arabia queren que Siria estea gobernados polos sunitas. E Irán quere manter o seu arco de poder entre Siria, Iraq e Irán. Teherán foi o único que gañou en Iraq pero non se está metendo directamente. Si están entrando en cambio en Siria xente de Hezbola e milicias xiítas dende Iraq".

"Estanse destapando odios e feridas que nunca se pecharon. Tanto Iraq coma o Líbano tiveron as súas guerras civís entre sunitas e xiítas. E pecháronse en falso, como sucedeu en España. En Iraq vai estoupar unha guerra civil e en Libano xa está empezando con enfrontamentos en Tripoli". E conclúe: "Assad vai morrer matando e o pais está destruido con matanzas sectarias nun e noutro bando. Non tiña que ter habido guerra civil e se a houbo foi pola retórica do réxime, que asociaba todos os movementos de protesta na súa contra cos terroristas salafistas. Pero en realidade os activistas que protestaban contra a ditadura xa se están desentendendo e din: esta xa non é a miña revolución, isto é unha matanza sectaria”

Fte: www.praza.com

martes, 7 de mayo de 2013

Só un de cada tres parados galegos percibe prestación por desemprego

Arredor de só un da cada tres parados galegos (o 37%) percibe algún tipo de prestación, polo que hai máis de 180.000 persoas desempregadas no país que non reciben ningún subsidio. Así o asegura un estudo da Fundación 1º de Maio elaborado por Enrique Negueruela, membro do Consello de Emprego, Economía Social e Relacións Laborais deste centro de estudos. O obxectivo do traballo non é outro que "determinar cantos dos máis de seis millóns de parados que a EPA recoñece en España carecen de subsidio de desemprego", contrapoñendo así os datos dunha taxa de cobertura que basea a súa porcentaxe só nos parados rexistrados nas oficinas de emprego, pero non na devandita Enquisa de Poboación Activa.
Neste detallado e completo informe, titulado Taxa de protección por paro segundo comunidade autónoma, sexo e idade, asegúrase tamén que as mulleres teñen en Galicia unha taxa de protección -en contraposición coa taxa de cobertura- doce puntos inferior á dos homes, así como que entre os mozos menores de 30 anos, tan só un da cada seis percibe prestación (o 17,3%), o que supón máis de 65.000 persoas novas.

Fte: www.praza.com

Dinero para los partidos



Aunque fue Ourense el ayuntamiento que abrió la caja de los truenos por destinar a alcohol y comilonas parte del dinero que recibe el grupo municipal socialista, es en realidad Lugo el que más presupuesto destina a las asignaciones para cada uno de los grupos que forman la corporación. PSOE, PP y BNG se reparten en la capital lucense 380.400 euros, un tercio de los 1.156.874 euros que las principales ciudades gallegas destinan a estas partidas. No obstante, no todas lo hacen. Ferrol es un ejemplo de que la vida municipal puede desarrollarse con normalidad sin aprobar un solo euro en los presupuestos para estos fines, una tradición contable de la ciudad naval que es una excepción en el resto de Galicia.
 
En Lugo, como en el resto de las ciudades gallegas, las formaciones políticas aseguran que son consignaciones que son fiscalizadas por el Tribunal de Cuentas y que, por lo general, se destinan a actividades propias del grupo, organización de actos, propaganda, kilometraje y dietas o actividades formativas. 

En otras ciudades, como Pontevedra, PSOE y BNG ceden las asignaciones íntegramente a sus respectivos partidos para gastos de oficina y mantenimiento de las sedes locales. El PP destina el dinero a gastos administrativos y de funcionamiento del grupo municipal, quizás la fórmula más común en las ocho principales ciudades gallegas. En Santiago, por ejemplo, también se utilizó parte de este dinero para buscar asesoramiento jurídico cuando se consideró necesario.


Fte: www.lavozdegalicia.es

domingo, 5 de mayo de 2013

Muere en la calle un indigente al que un médico decidió no hospitalizar

Falleció en Santiago después de ser visitado por el personal del 061

 
Caniche no estaba bien. Toxicómano y alcohólico, era uno de los indigentes que se cobijan bajo la dársena de la estación de autobuses de Xoán XXIII, en Santiago, y pasaba el día pidiendo limosna en el entorno de la plaza de Cervantes. La noche del jueves llegó peor que de costumbre. «Estaba amarillo, con muy mala cara. Hasta tuvimos que ayudarlo a acostarse», explica el que era su mejor amigo en ese refugio improvisado en plena calle. Tan mal lo vieron sus compañeros, que llamaron a una ambulancia, «pero el médico ni le tocó, nos preguntó qué había tomado, se lo dijimos y todo lo que hizo fue decirnos que lo tapásemos bien y lo dejásemos dormir», añade. Ayer amaneció muerto. «Le di unos besos en la cara y estaba frío y tenía sangre coagulada en la boca», se lamenta. Se llamaba Andrés Canet Requena, era natural de Valencia y tenía 42 años.
El 061 ha confirmado que recibió una llamada a las 22.13 horas. La hicieron los amigos de Caniche. También que se envió una ambulancia medicalizada y que llegó rápido, así como que el médico lo atendió y que decidió no trasladarlo al hospital.
Sentados en uno de los bancos de madera que hay junto a la dársena que cobija a este grupo de sintecho, los amigos de Caniche se preguntaban ayer si el médico hubiese tomado la misma decisión si la llamada la hubiese hecho alguien cuya única posesión no fuesen unos cartones y unas mantas y cuyo día a día no transitase de la mano de la metadona, la heroína, el alcohol y los tranquilizantes.

viernes, 3 de mayo de 2013

PESCANOVA










Nas vindeiras semanas convocaremos un encontro cun ex responsable de Pescanova para informarnos sobre a situación real desta multinacional... 

Quen teña interese en acudir pode escribirnos a saingalicia@gmail.com ou galicia@partidosain.es

jueves, 2 de mayo de 2013

Buena acogida en Pontevedra

Agradecemos al café do Trasno que nos brindó la oportunidad de visionar el reportaje francés sobre Inditex y poder dar a conocer cómo se hace la fortuna del 3º hombre más rico del mundo.
En la presentación se recordó el triste suceso acaecido hace pocos días en Bangladesh con el derrumbamiento del edificio donde trabajaban unas dos mil personas de las cuales sobre 500 han fallecido mientras trabajaban bajo explotación y en condiciones indignas para Inditex entre otras marcas.
Los asistentes llevaron información sobre lo que ocultan los medios de comunicación, en nuestros Cuadernillos de Inditex, porque la verdad no se puede ocultar.
Paro y esclavitud infantil son dos caras de la misma moneda. A esto juegan las multinacionales.
Torres más grandes cayeron. 

miércoles, 1 de mayo de 2013

En Burgos denunciando a Zara

A TRASTENDA DE INDITEX EN PONTEVEDRA

ARGENTINA | Tercer centro clandestino localizado en los últimos días

Interponen una segunda denuncia contra Zara por utilizar mano de obra esclava


Es la segunda denuncia penal interpuesta este mes contra Zara, la marca del grupo español Inditex, por emplear mano de obra en condiciones análogas a la esclavitud en Buenos Aires. La Fundación La Alameda y el sindicato CGT han presentado conjuntamente este jueves la denuncia ante la fiscalía antitrata UFASE. Además, a las 19.00 hora local (medianoche en España) está previsto un escrache en el local de Zara ubicado en pleno centro de la ciudad. La Alameda prevé proyectar imágenes de los talleres captadas por la asociación con cámara oculta.
Esas imágenes "contundentes" las captó un voluntario de la fundación que se infiltró en un taller como costurero, y "comprometen muy seriamente a la firma" de Amancio Ortega, según La Alameda. Y ello, pocas semanas después de que esta organización y CGT denunciaran otros dos talleres clandestinos, que la Agencia Gubernamental de Control (AGC) del Gobierno porteño decidió clausurar.
La Alameda sostiene que este tercer taller clandestino produce únicamente para Zara y otra marca, Scombro, que ya fue denunciada por la ONG en 2007. La ONG afirma además que el taller trabaja para la empresa textil Karina Kannan SRL, que es proveedora oficial de Zara, pero, según su versión, "sólo oficia de intermediaria entre esas marcas y los talleres clandestinos donde terceriza la producción".


Vente al acto que tenemos este jueves en el local social "En pé" 21:00h (Rúa Sarmiento 38). Seguiremos hablando, mostrando imágenes reveladoras, actuando... Presentaremos materiales para luchar por la dignidad del trabajo.