martes, 8 de noviembre de 2011

Entrevista a la candidata de Solidaridad y Autogestión Internacionalista al Congreso por A Coruña en La Opinión


1. Hola: Quería preguntarle a la Sra. Cristina sobre las trabas burocráticas que están pasando los pequeños partidos, frente a los grandes.

» Pois si, estás ben informada. Cada vez son máis as trabas burocráticas á democracia, á liberdade de expresión, en definitiva, ao protagonismo dos cidadáns. Ultimamente temos denunciado a reforma da Lei Electoral que supón unha traba máis. Esta lei obrigou aos partidos a recoller o 0,1% de avales do censo electoral provincial. Mañá pode ser o 0,4 ou o 1% segundo acorden os grandes partidos... e iso vai contra as posibilidades de protagonizar a vida pública. Nós en concreto tivemos trabas burocráticas na Provincia de Pontevedra. Pero á marxe de que nós si conseguimos presentarnos é fundamental a denuncia da lei e non deixar pasar 1 en contra da democracia.


2. Entenden outras formas de familia que non sexa a tradicional católica?

» Nós cremos no protagonismo e a liberdade das persoas. E cando falamos da familia en ningún momento propoñemos a "familia tradicional católica" como ti preguntas. Entendemos que a familia é unha institución básica para a sociedade e dende o SAIn defendemos o máximo protagonismo desta. A familia é fonte de solidariedade se se une a outras familias e se se propón a loita solidaria en común. Así que non pode haber familia solidaria se non se ten en conta na vida normal da familia por exemplo, o feito de que haxa 1 millón 400.000 familias con todos os seus membros en paro ou 300.000 desahucios dende o ano 2008 en España.


3. Denunciaís mucho el tema de los 5 millones de parados, pero ¿qué solución le darías al problema del paro?

» Non aceptamos outro hourizonte que o pleno emprego e non aceptamos a política de subsidios. Hoxe a técnica fai posible o reparto do traballo. É imprescindible impulsar a asociación militante e solidaria dos traballadores que ten que ser internacionalista para recuperar cousas tan importantes como un salario xusto. As familias deben poder vivir digna e independentemente.
Ademais a socialización dos beneficios que producen os adiantes técnicos deben corresponder ao traballo e non ao capital.


4. Buenos días: Quería preguntarle a Dª Cristina Bandín ¿Por qué en su programa político piden el Salario mínimo para los políticos?

» José Bono cobra 40 veces máis que un pensionista e dise socialista!!! Esta é a proposta que mellor entenden os cidadáns na rúa.
Por honradez, por solidariedade cos millóns de parados, porque eles acordan un salario indigno para un millón de persoas en España...
Penso que os deputados son administradores do ben común, do patrimonio do pobo, e polo tanto, os seus salarios e prebendas son inmorais.
O partido SAIn quere rematar con todo tipo de privilexios dos cargos electos e que a política sexa un verdadeiro servizo e non un "servirse de".


5. Me felicito y os felicito por presentar candidatura por Coruña. Sois la organización que se acerca más a mi forma de pensar. Y, sin duda la única formación realmente progresista y coherente que se presenta a estas generales. Progresista en lo económico y lo moral. Ya os he votado en otras elecciones y lo volveré a hacer. Mi pregunta es como colaborar más activa y personalmente con vosotros en la campaña. Vivo en Coruña city. ¡¡Mucho ánimo!!

» Moitas gracias. Pois hai moito traballo que facer e todas as mans son ben recibidas. Un partido autoxestionario faise coas persoas que o forman, co traballo gratuito... así que escríbenos á web do partido sain ou ao blog de Galicia. Axiña organizamos para que non che falte que facer...


6. ustedes creen q sacaran algun diputado

» Nós traballamos para sacar un deputado. Os nosos obxectivos de rematar coa fame, co paro e a explotación, coa escravitude infantil, combater a corrupción, etc, requieren que teñamos posibilidade de facer cousas que empuxen a corrente solidaria. Agora depende do apoio dos cidadáns. O que si sabemos é que o noso traballo continúa o día 21 de novembro. Esa é unha diferencia substancial cos outros partidos.


7. ¿Qué sentido le darías a un voto como el del Sain con el que creo que no tenéis posibilidades de conseguir un diputado? Gracias

» O voto útil é unha gran mentira. ¿É máis útil votar ao Partido Popular para quitar a Zapatero que ten sido nefasto para España? Eu penso que non. Os dous fan as mesmas políticas, son profundamente antidemocráticos. O voto útil é o que serve á xustiza e á solidariedade. É o voto que pode aglutinar a persoas que traballen gratuitamente para transformar esta sociedade e non conformarse cos placebos que nos ofertan outros.


8. ¿Cómo propone el SAIn acabar con la corrupción política?

» O SAIn defende que a corrupción legal e ilegal está traspasando as institucións. Corrupción é que a política non sirva ao ben común, corrupción é que morran inmigrantes nas nosas costas, corrupción é que haxa millóns de parados... corrupción é que se lexisle a favor dos bancos e grandes empresarios de multinacionais. Antes comentabamos tamén o tema dos privilexios da casta política, hai que rematar con iso. ¿Non é corrupción que un deputado de fóra de Madrid cobre 1800 euros ao mes só en dietas?
Dende o partido SAIn temos o compromiso de cobrar o SMI (salario mínimo interprofesional) para recuperar a honradez na vida pública. Seguro que cambia o ambiente do Parlamento cando haxa deputados dispostos a isto.


9. Su programa está lleno de alusiones "catequistas" (no al aborto, familia tradicional, no al suicidio asistido) y otras como "desparición del paro" o "desaparición del hambre", pero completamente ausente de medidas concretas. ¿Poseen medidas más concretas y más allá de las provenientes de la religión católica? ¿Son un partido confesional?

» Non somos un partido confesional. Eu creo que é máis coherente que unha persoa que queira a solidariedade colabore co partido SAIn que un católico colabore co Partido Popular ou co PSOE. En España parece que hai un pensamento único de que ser de esquerdas implica estar a favor do aborto, pero nós somos socialistas e estamos en contra. Defendemos a dignidade do inmigrante, do parado e do neno na barriga da nai. Poñemos aos empobrecidos, aos aplastados no centro da vida política e así recollemos unha corrente socialista que si era solidaria. Podes ler algunhas concreccións no noso programa pero é verdade que faltan moitas e que non temos todas as solucións, pero sabemos cales son as nosas liñas e construimos o partido con todos aqueles que queiran colaborar. A loita pola xustiza e o ben común é universal.


10. Hola: Quería preguntar a Cristina, sobre si su partido recibe subvenciones, o de qué medios se sustenta? gracias Soraya (Valladolid)

» O partido SAIn autofinánciase coas cuotas dos seus militantes. En España os partidos políticos teñen débedas millonarias coa banca e o sistema de financiación con donacións, subvencións, etc forman parte da falta de democracia que queremos combater. Agrandar a democracia pasa porque se adopten medidas como que os partidos políticos e os sindicatos se autofinancien. Isto é o que propón o partido SAIn e está demostrando que é posible.


11. Sois un partido que mira por los intereses de todos los paises del mundo, en especial en pro de los paises empobrecidos. Me parece dificil el poder acabar con el hambre, y con la esclavitud infantil, y con tantas otras guerras que llevamos batallando toda la historia. Cómo un partido político minoritario, aunque con unos ideales firmes, puede proponerse acabar con eso? Le parece posible? No es un pensamiento un poco utópico? (Cynthia, Pontevedra)

» Ten que haber utopía para camiñar e facer cousas diferentes e serias. No primeiro programa do PSOE aparecían cousas polas que merecía a pena loitar. Agora non.
A razón de ser do SAIn é rematar coas grandes inxustizas porque non son casualidade ou froito do azar, senón consecuencia dun sistema político, económico e cultural imperialista de ámbito universal.
Hoxe vemos multinacionais que pechan en España deixando centos de parados e ¿cal é o paso seguinte? marchar aos países empobrecidos. No caso de INDITEX a cousa está clara: Marrocos, Asia,..


12. A grandes rasgos, cuáles son las propuestas de su organización en materia educativa.

» Queremos o protagonismo de todos: pais, educadores, nenos. Hoxe edúcase para facer elites e para eliminar ou condenar á explotación aos que non "dan o nivel". Non se educa para ser persoas e iso cremos que é moi importante, máis que a formación académica. Milani dicía "saír do problema eu so é avaricia, saír del todos xuntos é política". Necesitamos educadores vocacionados que poñan en marcha unha educación na que a sociedade sexa protagonista. Nin o Estado nin o mercado.


13. Mi pregunta es si dentro de la ideología del partido caben personas de cualquier ideología, ya sea anarquista, comunista, capitalista. Todos los partidos existentes son excluyentes de X ideologías por no concordar con la suya propia. Pero el SAIn a mi modo de ver es mas universal, porque ampara a todas las personas, empezando por los últimos. Pero a todas, al fin y al cabo no?

» Como comentaba antes, a loita pola solidariedade e a xustiza é universal. No partido SAIn hai persoas que veñen de ámbitos sindicais, de asociacións apostólicas, e mesmo doutros partidos... Persoas que sinceramente buscaban a xustiza e que se decataron de que o SAIn recollía mellor aquilo polo que eles querían loitar. Evidentemen o SAIn ten un posicionamento claro, unha fiosofía. Se a coñeces e queres colaborar con nós, seguro que es benvido proveñas de onde proveñas.


14. Soy padre de familia con trabajos precarios intentando llegar a fin de mes. Me precupa mucho mi familia y me alegra mucho conocer su modelo de familia solidaria que plantean al contrario del resto de partidos qué sólo presentan familias con derechos y no familias solidarias para los demás. ¿No es así?

» Si, é así. Hoxe o paro afecta a TODA a sociedade. Non é verdade iso das cifras oficiais... Todos estamos implicados no paro. Estes días coa campaña poñíamos nas rúas unha escultura que representaba a unha muller nova buscando traballo... a reacción dos que pasaban por alí era preguntar, escribir algo, comentar... Toda a sociedade necesita a solidariedade. Os primeiros afectados polo paro foron os inmigrantes empobrecidos que foron expulsados de España coa medida do "retorno voluntario" de Zapatero. Buscarse a saída un mesmo só leva a que sexamos inimigos uns doutros. A familia ou se propón a loita política ou está soa, rota e aplastada.


15. El SAIn denuncia la esclavitud infantil, pero todas las personas nos vestimos, y consumimos productos elaborados muchos de ellos por manos de niños. Cree usted que se puede denunciar algo que indirectamente todos los españoles, aun sin estar de acuerdo, estamos apoyando? Qué vías alternativas propone usted a esto? Porque el consumo es el que mantiene vivo el mercado que explota a tantos niños. Cynthia, Pontevedra

» A vía é claramente a loita política. Perseguir eficazmente o tráfico de nenos e a escravitude. Que se leven a cabo inspección de traballo nacional e internacionalmente. Pechar e penalizar aquelas empresas que explotan nenos, sexa directamente ou a través de subcontratas. Que se asuman responsabilidades políticas. A escravitude infantil faise co consentimento de responsables políticos, sindicatos, partidos, etc.


16. Puede una persona que no se considera cristiana, pasar a formar parte de la lucha por la justicia que lleva el SAIn? Cree que es necesario creer para cambiar el mundo? Reconoce el SAIn a todas las demas religiones? Porque es un partido con una trayectoria cristiana, y mi pregunta es si eso condiciona algo mas que los principios que sostiene.

» O SAIn está aberto a todas as persoas que se propoñan a solidariedade... non é un partido confesional. Si é certo que moitos de nós somos cristiáns e que o partido ten esta inspiración. En concreto para min ser cristiá é razón para implicarme na vida política, para propoñerme colaborar a resolver os problemas da sociedade, dos empobrecidos en primeiro lugar. Pero cada un ten que descubrir as súas razóns e buscar sinceramente o ben común e suficiente para traballar na campaña do partido SAIn.


Moitas gracias polas vosas preguntas. O partido SAIn quere recuperar o socialismo tan denostado polo PSOE actual. Ser socialista é que a solidariedade e a xustiza sexan os criterios das medidas políticas. E nese camiño estamos. Invítovos a colaborar neste traballo no que si vale a pena embarcar a vida. Unha aperta,

No hay comentarios:

Publicar un comentario