martes, 3 de junio de 2014

Santiago de Compostela merece unha política solidaria.

Lamentamos a situación política do Concello de Santiago de Compostela. Hoxe fixeron oficial a demisión de nove Concelleiros do Partido Popular. O descrédito do labor político medra con estes acontecementos. O Partido Popular ten 13 Concelleiros que conforman a súa maioría absoluta desde as eleccións do 2011.

Mentres o pobo non asumamos o protagonismo político de forma firme, só nos queda miseria e indefensión. Unha democracia sen protagonismo dos cidadáns está podrida.






No hay comentarios:

Publicar un comentario