A poucos meses das Eleccións Municipais de 2015, a realidade política de Santiago de Compostela segue a ser mostra do dexeneración moral dos representantes políticos dos partidos que gobernan a cidade desde hai décadas.
Tras o denigrante espectáculo dos concelleiros do PP nos Xulgados, agora é o PSOE o que está de actualidade pola falsificación do censo para elixir aos candidatos nas súas primarias. Dous exemplos sangrantes de que o ambiente político da nosa cidade necesita urxentemente ser rexenerado, e de que non podemos os composteláns evadir o noso compromiso coa Política, moi especialmente no ámbito municipal.
O Partido SAIn propón a Autoxestión como modelo de protagonismo, onde todos poidamos participar na política para servir ao ben común. Cremos que os cidadáns podemos e debemos servir á nosa sociedade aportando traballo gratuito, renunciando a privilexios, ás subvencións e á financiación da Banca. Cremos que PP e PSOE non teñen actualmente lexitimidade moral para gobernar a capital de Galicia e que o vindeiro ano temos unha oportunidade para ser máis protagonistas do noso Concello e dar un paso adiante para o ben común.
No hay comentarios:
Publicar un comentario