viernes, 13 de junio de 2014

O CANCRO DO SISTEMA BIPARTIDISTA


O cancro do sistema bipartidista



O Partido Popular gañou as eleccións Municipais de Santiago de Compostela no 2011, acadando 13 concelleiros que supuxeron maioría absoluta. Desde ese momento ata hoxe pasaron tres alcaldes en tres anos. Cando se presentaron, xa se sabía que o cabeza de lista Gerardo Conde Roa tiña unha situación ruinosa pola creba dunha empresa e que as contas non estaban claras. O Partido Popular levou esta lista adiante coñecendo esta situación. Posteriormente nomean a Ángel Currás que ten dúas imputacións nos Xulgados. O seguinte no posto, Agustín Hernández, xa tivo que respostar ante o Xulgado no pasado por favorecer a unha constructora e leva vinte anos no poder.

Non sabemos que favores ou chantaxes hai detrás desta chapuza, pero o Sr Núñez Feijóo foi estrañamente condescendente coa situación do Concello de Santiago.

O sistema bipartidista no que se alternan PSOE e PP é unha desgraza para a democracia neste país. En Galicia acumúlanse imputacións por financiamento ilegal, prevaricación, branqueo de capitais, tráfico de influencias, falsidade documental, malversación e revelación de información privilexiada.



Lamentamos que todas estas situacións traian descrédito do labor político porque só hai unha saída aos problemas da sociedade: protagonismo político. Os cidadáns pagamos caro delegar a nosa responsabilidade e non asumir unha vixilancia dos asuntos públicos.



Desde o partido SAIn chamamos á cidadanía a que esixan responsabilidades aos partidos políticos. Cremos necesarias medidas políticas que favorezan o control democrático por parte da sociedade. Mentres desde o pobo non asumamos o protagonismo político de forma firme, só nos queda miseria e indefensión. Unha democracia sen protagonismo dos cidadáns está podre.




No hay comentarios:

Publicar un comentario