O gabinete de Feijóo renovou o seu vestiario en 2010 e en
2011 e agora vólveo facer. Para isto prepara unha partida de case
175.000 euros.
A Vicepresidencia da Xunta vén de iniciar os trámites para "a
adquisición da uniformidade de verán e inverno" para os condutores e
condutoras do parque móbil gobernamental. O departamento que dirixe
Alfonso Rueda fixa un importe de licitación -a cantidade que está
disposto a pagar como máximo- de 174.908 euros, uns 25.000 menos que hai
dous anos para 408 traxes, 816 camisas, 404 gravatas, 404 pares de calcetíns e 404 pares de zapatos
-metade de inverno, metade de verán-. A este pedido engádense catro
panos, catro pares de medias, catro pares de zapatos feminininos e 143
prendas de abrigo de home.
Atendendo á documentación deste procedemento de contratación é posible afirmar que, en pleno inverno, un chofer da Xunta pode levar postos ata 487 euros en roupa.
Fte: www.praza.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario