O Consello de Ministros do pasado venres endureceu as condicións que se
piden para acceder á tarxeta sanitaria, e con ela á atención sanitaria
gratuíta. Xa non abonda con que unha persoa estea empadroada, como
sucedía até agora, senón que se esixirá tamén a residencia fiscal, o que
penaliza aqueles migrantes que neste momento se atopan sen emprego.
Polo tanto, as personas que se atopen en situación irregular só poderán
acceder ás urxencias e á maternidade, aínda que non de forma gratuíta.
Calcúlase que isto pode afectar a 600 mil persoas en todo o Estado, dez
mil delas en Galicia.
Miguel Fernández, voceiro do Foro, explica que o solicitar algunha
proba de "actividade económica" péchalle as portas a estas persoas, "que
ao non teren legalizada a súa situación, non poden traballar"
O
Foro Galego de Inmigración
cualifica a medida de "flagrante violación dos dereitos humanos" e de
"decisión terriblemente inxusta" pola outra. Miguel Fernández, voceiro
do Foro, explica que o solicitar algunha proba de "actividade económica"
péchalle as portas a estas persoas, "que ao non teren legalizada a súa
situación, non poden traballar". A plataforma considera que esta
decisión "é unha terrible inxustiza, porque as persoas migrantes en
situación de irregularidade administrativa non teñen nada que ver co
chamado turismo sanitario”.
O Foro denuncia que "pecha na práctica a atención sanitaria a un dos
colectivos en maior situación de vulnerabilidade" e que a "atención
sanitaria de urxencias para este colectivo produciríase coa obriga de
abonar os custos da mesma, o que de feito a imposibilita, ou cando sexan
cuestións graves xerará debedas inasumibles". Fernández afirma que
estas débedas impedirán no futuro "as posibilidades de regularización
destas persoas".
Pola súa banda, o presidente de Facua-Consumidores en Acción, Paco
Sánchez Legrán, cualificou de "inmoral perversión" negar a sanidade aos
inmigrantes sen legalizar que non atopen traballo que pode "condenar á
morte por desatención a multitude de cidadáns". Sánchez Legrán afirmou
que constitúe un "insulto cheo de cinismo" que se castigue a medio
millón de inmigrantes co argumento de non teren emprego, cando en España
hai máis de cinco millóns de parados.
Un estudo publicado hai catro anos aseguraba que as persoas migrantes empregan os servizos sanitarios con menos frecuencia que as nacidas en España.
O Foro introducirá esta cuestión da Plataforma pola Sanidade Pública, da que forma parte
O Foro Galego de Inmigración está a realizar un chamamento a partidos
políticos, sindicatos, asociacións, entidades e a poboación en xeral
"para que non permitamos que esta decisión chegue a concretarse no
anunciado cambio lexislativo que estableza cidadáns de primeira e de
segunda". O Foro introducirá esta cuestión da Plataforma pola Sanidade
Pública, da que forma parte, e realizará unha campaña de concienciación
ante a situación de vulnerabilidade e desprotección na que poden quedar
estas persoas.
Fte: www.praza.com