lunes, 27 de enero de 2014

Ferrol: a cidade na que só teñen traballo 3 de cada 10 persoas

  Fte: Marcos Pérez. www.praza.com













 
Os datos da EPA coñecidos esta semana, valorados como negativos a nivel xeral, ao non amosar os signos da anunciada recuperación do emprego, amosan unha realidade moito máis negativa para a cidade de Ferrol. A comarca ven encadeando crise tras crise dende os oitenta, prexubilacións masivas, redución de actividade e peches que foron deseñando unha estrutura social cunha poboación activa cada vez menor. A crise económica, xunto coa ausencia de novas iniciativas empresariais ou dun tecido renovado que revertese esta situación, xunto cos enésimos e pode que definitivos golpes aos sector naval, acabaron por configurar unha cidade na que, segundo a EPA, só teñen traballo o 30,1% dos seus habitantes, cunha taxa de paro equivalente, e unha ampla proporción de inactivos. Alén dun continuado descenso de poboación froito da marcha doutros moitos e moitas ferrolás a outros lugares.
Unha cidade, ademais, que segundo as cifras máis recentes do Instituto Galego de Estatística (IGE), datadas en 2012, ten a idade media máis alta de Galicia, con 46,7 anos, máis dun ano por riba da media galega e das segunda e da terceira cidade máis avellentadas, Ourense e A Coruña, e catro máis que a cidade con menor idade media, Pontevedra, que queda en 42,2. A vellez da cidade departamental fica tamén clara noutros datos proporcionados polo IGE. A pobobación ferrolá é a que conta cunha menor porcentaxe de poboación menor de 20 anos (14,9%) e a que ten máis habitantes maiores de 64 (24,6%).

  2009 2010 2011 2012 2013
Taxa de paro 12,6 18,8 19,4 28,4 31,9
Taxa de ocupación 43,6 43,8 43,5 37,1 30,1
Taxas de paro e ocupación en Ferrol. Datos do cuarto trimestre de cada ano. INE

Os datos de Ferrol están moi lonxe dos de calquera outra cidade galega. Tamén no que atinxe ás cifras de desemprego, pois ningunha outra supera como Ferrol o 30% de desemprego, senón que se sitúan na súa maioría ao redor do 20%, coas excepcións de Pontevedra (27%) e Vigo (24%). Pero sobre todo no indicador de ocupación, que ten moito que ver coa taxa de actividade, na que tamén Ferrol está moi por detrás das outras seis urbes. Así, mentres en Ferrol están ocupadas tres de cada dez persoas, nas outras seis cidades as cifras son moito máis elevadas. De novo son Pontevedra e Vigo as máis baixas despois da cidade departamental, con taxas do 40 e do 45 por cento, mentres que Lugo e Compostela, a pesar do descenso experimentado ao longo da crise, seguen por riba do 50 por cento.

  2009 2010 2011 2012 2013
A Coruña 53,2 48,8 51,2 49,9 47,9
Compostela 58,4 56,4 50 50,6 50,6
Ferrol 43,6 43,8 43,5 37,1 30,1
Lugo 52,9 52,9 52,7 51,4 50,6
Ourense 50,7 47,5 47,4 45,4 46,4
Pontevedra 51 46,6 47,9 47 40,8
Vigo 51,5 48,1 47 47,1 45,7
Taxa de ocupación nas sete cidades galegas. Datos do cuarto trimestre de cada ano. INE
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario