Unha cidade, ademais, que segundo as cifras máis recentes do Instituto Galego de Estatística (IGE), datadas en 2012, ten a idade media máis alta de Galicia, con 46,7 anos, máis dun ano por riba da media galega e das segunda e da terceira cidade máis avellentadas, Ourense e A Coruña, e catro máis que a cidade con menor idade media, Pontevedra, que queda en 42,2. A vellez da cidade departamental fica tamén clara noutros datos proporcionados polo IGE. A pobobación ferrolá é a que conta cunha menor porcentaxe de poboación menor de 20 anos (14,9%) e a que ten máis habitantes maiores de 64 (24,6%).
2009 | 2010 | 2011 | 2012 | 2013 | |
---|---|---|---|---|---|
Taxa de paro | 12,6 | 18,8 | 19,4 | 28,4 | 31,9 |
Taxa de ocupación | 43,6 | 43,8 | 43,5 | 37,1 | 30,1 |
Os datos de Ferrol están moi lonxe dos de calquera outra cidade galega. Tamén no que atinxe ás cifras de desemprego, pois ningunha outra supera como Ferrol o 30% de desemprego, senón que se sitúan na súa maioría ao redor do 20%, coas excepcións de Pontevedra (27%) e Vigo (24%). Pero sobre todo no indicador de ocupación, que ten moito que ver coa taxa de actividade, na que tamén Ferrol está moi por detrás das outras seis urbes. Así, mentres en Ferrol están ocupadas tres de cada dez persoas, nas outras seis cidades as cifras son moito máis elevadas. De novo son Pontevedra e Vigo as máis baixas despois da cidade departamental, con taxas do 40 e do 45 por cento, mentres que Lugo e Compostela, a pesar do descenso experimentado ao longo da crise, seguen por riba do 50 por cento.
2009 | 2010 | 2011 | 2012 | 2013 | |
---|---|---|---|---|---|
A Coruña | 53,2 | 48,8 | 51,2 | 49,9 | 47,9 |
Compostela | 58,4 | 56,4 | 50 | 50,6 | 50,6 |
Ferrol | 43,6 | 43,8 | 43,5 | 37,1 | 30,1 |
Lugo | 52,9 | 52,9 | 52,7 | 51,4 | 50,6 |
Ourense | 50,7 | 47,5 | 47,4 | 45,4 | 46,4 |
Pontevedra | 51 | 46,6 | 47,9 | 47 | 40,8 |
Vigo | 51,5 | 48,1 | 47 | 47,1 | 45,7 |