Só un de cada tres parados galegos percibe prestación por desemprego
Arredor de só un da cada tres parados galegos (o 37%) percibe
algún tipo de prestación, polo que hai máis de 180.000 persoas
desempregadas no país que non reciben ningún subsidio. Así o asegura un estudo da Fundación 1º de Maio
elaborado por Enrique Negueruela, membro do Consello de Emprego,
Economía Social e Relacións Laborais deste centro de estudos. O
obxectivo do traballo non é outro que "determinar cantos dos máis de
seis millóns de parados que a EPA recoñece en España carecen de subsidio
de desemprego", contrapoñendo así os datos dunha taxa de cobertura que
basea a súa porcentaxe só nos parados rexistrados nas oficinas de
emprego, pero non na devandita Enquisa de Poboación Activa.
Neste detallado e completo informe, titulado Taxa de protección por paro segundo comunidade autónoma, sexo e idade,
asegúrase tamén que as mulleres teñen en Galicia unha taxa de
protección -en contraposición coa taxa de cobertura- doce puntos
inferior á dos homes, así como que entre os mozos menores de 30 anos, tan só un da cada seis percibe prestación (o 17,3%), o que supón máis de 65.000 persoas novas.
Fte: www.praza.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario