Este sábado moitos presenciamos na rúa Real unha ¿detención?, ¿malleira?, ¿humillación?... non sei como se pode cualificar semellante inxustiza contra unha persoa negra que estaba vendendo bolsos...
Tres policías da secreta reducían a un pobre mozo, ¡¡3!!! que chamaron a outros ¡¡¡2!!!! Porque lles molestaban os berros dos amigos do mozo e da xente da rúa dicindo... ¡¡non lle peguedes!!! ¡¡¡non sexades animais!!! ¡¡¡somos testemuñas do que aquí pasa!!! A cara contra o chan… cun xeonllo nas costas do rapaz, retorcéndolle os brazos... esposas... moita violencia contra un mozo que non tiña ningunha arma nin nada para defenderse. O que pensei foi: nin a un terrorista se lle detén así... ¡¡¿Que dicir dun rapaz indefenso contra 3 tíos?!! Algúns dos que berraban tamén tiveron que correr…. Viñeron varios coches de policías coas sereas postas…
A xente que pasaba… manifestamente en contra de tanta brutalidade… ¿pero cuestionamos a lei de estranxeiría que permite estes abusos? ¿pero nos pringamos en política para que isto non suceda? ¿que fariamos se foran os nosos fillos tratados así en Alemaña, agora que están emigrando?
Todo está organizado contra os empobrecidos… e aínda que denunciamos o suceso no micrófono da concentración contra a fame... quedoume na conciencia que non fago, non facemos O NECESARIO. Poñámonos en marcha.
No hay comentarios:
Publicar un comentario