Estimado Sr Rodríguez:
Escribo para solicitar que la Fundación que preside retire el Premio Princesa de Asturias de la Concordia 2017 a la UE...
Así comeza a postal que numerosos cidadáns mandamos ao Sr. Matías Rodríguez da Fundación Princesa de Asturias. Tamén mandamos postais ao Sr Javier Fernández (Presidente do Principado de Asturias), a S. M. O Rei Don Felipe VI e a S.A.R. Dona Leonor de Borbón.
A política de migracións e fronteiras da UE é unha política vergonzosa, que non respecta os dereitos humanos.
Na UE hai desaparecidos, por milleiros. Nenos e mulleres caen nas redes do crime internacional. Hai negocio e explotación de refuxiados coa complicidade da UE.
No control das fronteiras todos os días, todos os días... negocio para uns e morte e explotación para os empobrecidos.
Desde o partido SAIn queremos un mundo no que se lle dean premios aos que loitan por un mundo xusto, solidario e fraterno.
¡¡Retirada do Premio Princesa de Asturias da Concordia 2017 á UE!!!
Vente a esixilo con nós o XOVES 19 DE OUTUBRO ÁS 20H NA PZA DE CERVANTES.
No hay comentarios:
Publicar un comentario