Fte: www.praza.com
A Comisión Europea rexeitou esta semana unha proposta para realizar unha Iniciativa Europea Cidadá contra o Tratado de Libre Comercio e Investimento entre Estados Unidos e a Unión Europea (TTIP) que se negocia en segredo dende o verán de 2013 e que ameaza os dereitos sociais e laborais existentes en Europa. A Comisión argumentou que este tratado (ou a oposción a el) quedan fóra das competencias que poden atinxir as Iniciativas Cidadás Europeas. A iniciativa fora presentada por unha alianza de máis 230 movementos sociais, sindicais e organizacións cidadás, de 20 países europeos.
A resposta da Comisión era esperada, pero mesmo así suscitou unha dura crítica por parte destas organizacións, que sinalaron que "a decisión da Comisión Europea é escandalosa. Estes tratados comerciais xa se enfrontan á oposición sen precedentes pola súa opacidade, pero agora négasenos mesmo o dereito de petición. O que amosa o carácter antidemocrático das institucións da UE que só representan o poder económico e financeiro".
O vindeiro 11 de outubro está convocado un Día Europeo de accións para parar os acordos TTIP, con mobilizacións en todos os países da UE.
A aprobación do TTIP pode supor na práctica unha maior liberalización de decenas de sectores na UE, que ten unha normativa en xeral máis esixente que en EEUU, e abre a porta a un maior poder das empresas privadas. Un editorial do European Journal of Public Health foi moi claro ao advertir da ameaza deste TTIP para importantes aspectos dos principios e proteccións existentes na saúde pública: desde o acceso aos medicamentes esenciais e aos servizos sanitarios ata o control e regulación do sector da alimentación e dos produtos sanitarios. A converxencia regulatoria da UE cos EUA achegaría Europa ao modelo estadounidense, onde predomina a libre comercialización de produtos ata que a evidencia científica non demostre que é nocivo. Mentres, na UE, o que domina é o principio de precaución. Algo semellante ocorrerá na lexislación laboral, xa que, de consumarse este Tratado, acabaríase por rebaixar a protección dos traballadores.
PODES INFORMARTE MÁIS DESTE TRATADO NA REVISTA AUTOGESTIÓN Nº 105. PODES CONSEGUILA NA CASA DE CULTURA E SOLIDARIEDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (Rúa do Home Santo 47, baixo) ou no correo electrónico ccys_santiago@hotmail.com.

No hay comentarios:
Publicar un comentario