martes, 10 de diciembre de 2013

As comisións bancarias incrementáronse un 170%

 


Cando morrer implica o pago de comisións. Esa é a denuncia que fan varios clientes de caixas de aforros, que están a ser sancionados co cobro dunha cota mensual  que antes non pagaban e que chega despois do falecemento do seu cónxuxe. Chegan, estas queixas, de mulleres xubiladas e pensionistas que se veñen de decatar de que a súa entidade lles está a reter unha cantidade ao mes como penalización por deixar de domiciliar -obviamente e logo da súa morte- a pensión dos seus maridos.

Non son moitas as denuncias, en parte porque son moitos os casos de familias que ou non se decataron ou non repararon neste novo cobro de comisións. Segundo confirma Adicae-Galicia (Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas e Seguros) a Praza, esta situación "é máis que probable" e adoita acontecer porque as caixas ou bancos "non teñen en conta o motivo polo que esa pensión deixou de estar domiciliada" e comezan así a aplicar unhas comisións das que antes estaban exentos os clientes, precisamente por ter domiciliado ese pago.
Estas promocións, como insiste Adicae, adoitan ir vinculadas a agasallos que se lle ofrecen aos clientes por domiciliar unha pensión para "retelos o máximo tempo posible" e a cambio tamén de comisións cero, pero sempre que se manteña esa mesma pensión domiciliada. No caso de que faleza o receptor da oferta, o marido ou muller que mantén a conta conxunta pasa a pagar unha penalización mensual en forma de comisión. "E adoitan pagar os que menos teñen, porque estes produtos recaen en xubilados que reciben pensión por viuvez ou unha escasa paga", engade a asociación de usuarios de banca, que lembra que desde 2007, as comisións incrementáronse un 170% en España. 

Fte: www.praza.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario