martes, 15 de octubre de 2013

Obradoiro: Traballo e Cooperativismo no S. XXI.

Santiago, venres 25 e sábado 26 de outubro. 



O obradoiro quere promover a creación de cooperativas, pequenas empresas ou novos tipos de asociación;  quere ser un pulo á xente en paro ou que xa se estean propoñendo como dar o paso a poñer un proxecto en marcha.


Estructura das xornadas

Constarán de dous bloques, o primeiro dedicado a coñecer experiencias e claves para a posta en marcha, de man dos protagonistas de experiencias relevantes do noso entorno. O segundo, un marco sobre as posibilidades do traballo asociado, e un obradoiro práctico de ferramentas de negocio e trámites administrativos para a posta en marcha.  


É necesaria inscrición previa no mail saingalicia@gmail.com ou galicia@partidosain.es.
Para máis info: 630  012 173

No hay comentarios:

Publicar un comentario