miércoles, 18 de septiembre de 2013

Ningún goberno asumiu responsabilidades políticas polas vagas de lumes

Fte: extracto de praza.com


Máis de 600.000  hectáreas queimadas en Galicia nos últimos 23 anos, desde que se puxo en marcha o servizo de defensa contra incendios forestais. É "o equivalente á provincia de Ourense", tal e como aclara CCOO, o autor do informe no que se aclara que foron máis de 188.000 lumes os que provocaron esta desfeita no monte galego e que supuxo un custo de 1.362 millóns de euros.
Foron, en concreto, 613.000 hectáreas as que arderon, uns 613.000 campos de fútbol que sufriron os lumes nunha Galicia que posúe o 7,7% da masa forestal do Estado, pero que sofre o 45% dos incendios, tal e como destacou o coordinador do sector da Administración Autonómica do sindicato. "Ningún goberno soubo interpretar este dato en termos de política forestal", engadiu.

Unhas 26.700 hectáreas arden anualmente en Galicia (contando as 17.000 deste ano) desde hai máis de vinte anos, cuns 23 lumes ao día e 98 por xornada se se ten en conta só o período de máximo risco, unhas cifras que arrepían máis de atender aos datos que CCOO achega desde o ano 1978. Daquela, o territorio queimado equivalería ás provincias de Pontevedra e Ourense xuntas.  


No hay comentarios:

Publicar un comentario