Presentación da candidatura do SAIn ás municipais, coa intervención de Ehsan Ullah Khan.
A candidata ás municipais de Santiago de Compostela, Cristina Bandín, presentará a proposta do SAIn acompañada de Ehsan Ullah Khan, fundador do Frente de Liberación do Traballo Escravo (FLLB) de Pakistán con tres décadas de loita contra a escravitude infantil. Ullah Khan foi unha das persoas chave na liberación e promoción do neno escravo Iqbal Masih, do que se cumpren 20 anos do seu asasinato por enfrentarse ás empresas que empregan traballo de nenos. Durante a súa visita, Ullah Khan impartiu media ducia de conferencias en colexios de Santiago de Compostela, así como na Casa de Cultura e Solidariedade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario