domingo, 3 de noviembre de 2013
Millo transxénico en Galicia
Hai máis de cinco anos que comezaron os experimentos con millo transxénico en Galicia. Coa autorización do Ministerio de Medio Ambiente e da Xunta plantáronse variedades desta especie transxénica en varios concellos galegos, entre eles, Arzúa, Arteixo, Mesía, Val do Dubra, Ribeira, Touro (A Coruña), Chantada, Vilalba, Castro de Rei (Lugo) e Lalín (Pontevedra).
A maior parte dos proxectos foron impulsadas polas multinacionais Monsanto e Pioneer que pretendían introducir esta variedade na península e, especialmente, no mercado galego polo seu elevado consumo.
Monsanto é o Al Capone da agricultura a nivel mundial. A mafia dáche varias opcións para "axudarche". Obríganche a pagarlles unha cuota de protección que de non pagala rematará sendo a túa ruina. Se representas competencia elimínante. Se existe a posibilidade de que os delates, tamén. Eles controlan a maior parte do mercado de sementes a nivel mundial e os que lles mercan quedan amarrados irremediablemente.
Monsanto ten denuncias e condeas por escravitude de nenos, delictos contra o medio ambiente e prácticas que vulneran os dereitos humanos. Esta multinacional ten o 80% dos transxénicos, que terán consecuencias moito máis graves e prolongadas que os praguicidas tóxicos, e supoñen o último eslabón dun modelo insostible, que empobrece aos agricultores e perxudica aos consumidores.
Referencias
www.isaaa.org
http://www.grain.org/
http://www.biodiversidadla.org/
http://www.etcgroup.org/
http://www.ecoportal.net/
http://www.tierra.org/transgenicos/transgenicos.
htm http://www.vidasana.org/
http://www.solidaridad.net/
http://poder5.blogspot.com.es/
http://www.galiciaconfidencial.com/
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario