viernes, 8 de noviembre de 2013

JANADESH EN SANTIAGO: 25 DE NOVEMBRO ÁS 20H NA CASA DE CULTURA E SOLIDARIEDADE.

Janadesh é a campaña de loita non violenta máis importante desde os tempos de Gandhi. Ao longo de 30 días, 25.000 homes e mulleres procedentes dos sectores máis desfavorecidos da India percorren a pé os 350 km de autoestrada que separan a cidade de Gwalior da sede do Parlamento, en Delhi. O obxectivo: iniciar unha folga de fame masiva para esixir unha redistribución xusta das terras.
 
Estes guerreiros sen armas consideran que o sacrificio, a disciplina e o sufrimento persoais son mellores ferramentas que as armas para producir un cambio social. Saben que expórse á violencia do opoñente sen tomarse a revancha ten grandes perigos, pero que a súa acción vale máis que toneladas de prédica.
 
Ante a coraxe amosada polos camiñantes, o goberno indio, preocupado por mostrar ao país como potencia económica emerxente e epicentro global da mística, verase obrigado a respostar...

E ISO NOS CONTARÁ RAMESH...
 

LUNS 25 DE NOVEMBRO ÁS 20H. 
CASA DE CULTURA E SOLIDARIEDADE. 
Rúa do Home Santo 47, baixo. Santiago de C.

No hay comentarios:

Publicar un comentario