Ramesh
Chandra Sharma, líder do movemento hindú Janadesh, visita Santiago
·
O
encontro terá lugar o luns, 25 de novembro ás oito da tarde na Casa da Cultura
e Solidariedade.
·
Janadesh
é a campaña de loita non violenta máis importante na India desde a época de
Gandhi.
Ramesh Chandra Sharma, responsable
da rede internacional de apoio ao movimiento Janadesh, estará o vindeiro luns,
día 25 de novembro en Santiago de Compostela. Explicará a súa experiencia nun
encontro que terá lugar ás oito da tarde, na casa da Cultura e Solidariedade,
situada na Rúa do Home Santo, número 47.
Janadesh é a campaña de loita non violenta máis
importante desde os tempos de Gandhi. Durante 30 días, 25.000 homes e mulleres
procedentes dos sectores máis desfavorecidos da India percorren a pé os 350 km de autoestrada que
separan a cidade de Gwalior da sede do Parlamento, en Delhi. O obxectivo:
iniciar unha folga de fame masiva para esixir unha redistribución xusta das
terras.
Ramesh
Chandra Sharma
Ramesh Chandra Sharma
traballou con Ekta Parishad, un movemento de masas non violenta na India, como
coordinador da campaña nos últimos 12 anos. Estivo involucrado na campaña e
formou a mozos rurais para dirixir as loitas nos pobos. Tamén está a cargo da
Coordinación Internacional de Ekta Parishad. Ademáis, é membro de varios grupos
como o Grupo de Traballo para a reforma agraria, o Comité Central de
Investigación de autogoberno tribal , e o Comité Nacional da reforma agraria.
Como activista participou en
moitas marchas a pé, en movementos de masas e nas negociacións cos grupos
interesados. Ramesh tamén deu conferencias na Universidade de Cambridge, na
Escola de Economía de Londres e na Universidade de Oxford, así como na Comisión
Parlamentaria británica.
Participou e ofreceu axuda a
moitos movementos non violentos internacionais similares en Paraguai,
Arxentina, Chile, Venezuela, Bolivia, Colombia, Perú, Costa Rica, Panamá,
México, Brasil, Bangkok, e Uganda. Actualmente, adícase á construción dun
movemento de masas na India chamado Satyagraha, iniciado en xaneiro de 2012.
Ramesh estará na USC e na Casa
de Cultura e Solidariedade pola tarde.
Máis información:
O partido SAIn quere dar a coñecer experiencias
de loita asociada co fin de promover a asociación militante tamén en España.
Este acto enmárcase dentro dos actos previos do Congreso Internacional contra o
paro, a explotación e a escravitude que se celebrará en Madrid do 1 ao 4 de
maio de 2014:
http://www.rompiendocadenas.org/
Persoa de
contacto (información e xestión de entrevistas con Ramesh Chandra Sharma): Cristina Bandín 678671403.