Son escandalosos os datos de xullo sobre afiliación e emprego en Galicia: no mes de maior contratación asináronse 118.568 contratos, mentres o paro baixa só en 6.653 persoas. Isto supón máis de 17 contratos por cada novo traballador, e non deixan lugar a dúbidas de que a precariedade e a explotación laboral seguen avanzando, e máis aínda se temos en conta que máis do 90% dos contratos son temporais.
Chamamos a atención sobre o traballo na hostelería, un dos sectores con maior explotación e precariedade, e no que descenden as contratacións respecto a 2017, a pesar do aumento de turistas e do gasto público realizado en aumentar esta afluencia por parte da Xunta e dos principais Concellos. É evidente que a precariedade e a explotación non son unha prioridade política, e que os cargos actuais están cómodos con datos estatísticos de crecemento, que esconden un aumento da desigualdade e un panorama desolador para traballar en Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario