viernes, 15 de diciembre de 2017

17D NO CAFÉ - BAR SCQ E 18D NO TOURAL. SOLIDARIEDADE COS MIGRANTES.



Cada vez as fronteiras están máis militarizadas para impedir o paso de migrantes e refuxiados. En España isto supón: devolucións en quente, omisións de socorro, abandono de nenos en Melilla, vulneración dos DDHH nos CIEs e CETIs, voos ilegais de deportacións, etc.

O 18D é o Día do Migrante, un día para impulsar a solidariedade en España. 


Convidámoste a: 


DOMINGO 17D, 18:30H, BAR SCQ (Rúa das Orfas).


-Xuntarnos para ver un corto sobre migración.

-Pegar pola cidade mensaxes de denuncia da situación e solidariedade coas persoas migrantes.



LUNS 18D.

-Xexunar o tempo que decidas: de comer, de xulgar, de móbil, de criticar, de falar,... e ese tempo convérteo nunha acción solidaria.


-Acudir á concentración convocada pola Rede de apoio ás persoas refuxiadas que terá lugar ás 19:30h na Pza do Toural (Santiago de Compostela).

No hay comentarios:

Publicar un comentario