jueves, 6 de abril de 2017

RAINBOW COLLECTIVE E CAMBODIA



O mércores 5 de abril proxectouse na Biblioteca Pública Ánxel Casal un documental sobre o téxtil en Camboia, da man de Richard W. York, de Rainbow Collective. Os protagonistas de todo o proceso do documental foron os traballadores do téxtil dun sindicato de Nom Pen.

O documental non está feito desde o punto de vista occidental, Rainbow Collective non toma decisións sobre que mostrar, como ensinalo. Richard contounos que queren facer traballos onde todo o proceso teña o punto de vista dos protagonistas do proxecto.
Os traballadores do téxtil de Cambodia organizáronse por grupos para traballar sobre as súas grandes demandas: salario xusto, saúde, dereitos laborais, etc. E mostran como ocorre o día a día nas súas fábricas e casas. Impresionounos a valentía destes traballadores que xa loitaban con outros medios e transmiten a súa realidade sabendo que sofren e sufrirán represión por isto.
Richard contou que estes militantes xa loitaban nas rúas, a través de materiais escritos pero que a tecnoloxía e os medios audiovisuais daban novas posibilidades á súa loita porque hai moita xente que non sabe ler e sofre a explotación que mostran no documental.



Na hora e media que estivemos “en Cambodia” rompeunos o corazón a “técnica de coining” que consiste en frotar a pel dos traballadores cunha moeda para que o sangue suba e os desvanecementos pola calor asfixiante das fábricas sexan menores. As marcas na pel dos traballadores son brutais.
E tamén alegróusenos a alma pola loita destes militantes de Cambodia, a súa esperanza, a valentía de mostrar a realidade sen adornos e por unha profesión posta ao servizo da solidariedade.

Esta fin de semana seguirá con nós en Santiago de Compostela facendo un obradoiro no que participarán ponentes internacionais que loitan contra a escravitude e no que faremos a nosa propia experiencia de documentalistas. Estades convidados.

Para máis info e inscricións: saingalicia@gmail.com





PD: Off de record enterámonos de que Richard comezou con isto aos 13 anos. A súa nai transmitiulle esta paixón. Vocación e profesión ao servizo dos pobres. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario