lunes, 9 de enero de 2017

Seguimos trabajando.

Este sábado pasado, día 7 de enero, militantes del partido SAIn nos reunimos con diversos colectivos y particulares que convocaron un encuentro para plantear acciones ante la situación que siguen padeciendo las personas, tanto sirias como de otros lugares, que se ven forzadas a escapar de la guerra.
Con tal motivo se ha enviado una nota de prensa que aquí copiamos.

REFUXIADOS SEN REFUXIO
AUNANDO INICIATIVAS PARA URXIR Á XUNTA NA ACOLLIDA DE REFUXIADOS DE GUERRA.
 
O pasado sábado, 7 de xaneiro de 2017, tivo lugar en Compostela unha reunión de colectivos e particulares preocupados pola axuda aos refuxiados demandantes de asilo en España.
Neste encontro lanzamos unha serie de propostas para urxir aos gobernos da Xunta e do estado español, dada a urxencia desta crise humanitaria, na acollida das 17.337 persoas que o goberno de Rajoy se comprometera a recibir en 2015.
Entre as accións propostas figuran a de solicitar mediante mocións aos concellos e ao parlamento galego, urxencia na acollida destas persoas, non soamente sirias, senón a toda aquela persoa que fuxe da guerra e moi especialmente de aquelas que se atopan en situación de vulnerabilidade social.
Non se trata dunha iniciativa nova, senón que se inscribe nunha rede europea de concellos que, como no caso do País Vasco, xa acadaron a aprobación deste obxectivo a través dunha moción parlamentaria.
O seguinte acordo foi o da posta en contacto unha vez máis cos diferentes colectivos, sindicatos, partidos políticos e plataformas, encabezados pola Rede Galega en Apoio ás Refuxiadas”, co obxectivo de aunar esforzos nesta causa.  
Entre os asistentes ao evento figuran membros da plataforma Refuxiadas Compostela e Refuxiados Bergantiños, varias persoas particulares comprometidas con esta e outras causas sociais como Stop Desafiuzamentos, así como representantes do partido SAIn.
A data fixada para a próxima reunión será o sábado, 4 de febreiro, ás 18h en Compostela, nun local pendente de confirmar. Convidamos a todas as persoas particulares e agrupacións interesadas a informarense a través da páxina de Facebook de Refuxiadas Compostela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario