lunes, 3 de junio de 2013

Un de cada catro fogares galegos vive xa só cos ingresos procedentes de prestacións






Os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) confirman o empobrecemento a pasos de xigante da cidadanía. Milleiros de fogares sobreviven xa só cos cartos de pensións d@s maiores




Non son datos dunha ONG ou entidade de loita contra a pobreza. Son os datos manexados polo Instituto Galego de Estadística (IGE) procedentes da súa Enquisa de Condicións de Vida. E son unhas cifras nas que se evidencia o empobrecemento a pasos de xigante da cidadanía galega.
Segundo estes datos, no 28% dos fogares de Galiza só entran ingresos procedentes de prestacións (desemprego, xubilación, viuvez,...). 

A provincia de Ourense (cun 35%) é a que máis fogares ten nesta situación. Na de Lugo é o 29%, na de Pontevedra o 27,5 e na Coruña o 26,15.

Un de cada tres
O IGE salienta que nun de cada tres fogares do país os ingresos procedentes de prestacións supoñen o 75% dos ingresos. E nun 42% é a metade (o cincuenta por cento) dos cartos que entran nese fogar.

Fte: extracto de www.sermosgaliza.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario