COMUNICADO DE PRENSA
A TRASTENDA DE INDITEX
Este sábado 13 de abril proxectaremos unha mini-reportaxe sobre a
Trastenda de Inditex e presentaremos os Cadernos para a Acción Solidaria.
Santiago de
Compostela, 10 de abril de 2013.
O
terceiro home máis rico do mundo ten unha fortuna de 43.200 millóns de euros
que equivale a... O PIB de Etiopía; 20 veces o orzamento anual do Ministerio de
Sanidade; a recadación total do IVE dun ano en España; 3 millóns de salarios
anuais en España; o coste de alimentar a 8 millóns de persoas.
Inditex
foi denunciada por escravitude infantil e explotación de adultos en Marrocos,
India, Brasil, Arxentina, Portugal, etc.
Na
prensa española hai un silencio pasmoso ante os escándalos de explotación de
Inditex e contribúen a crear a imaxe de Amancio Ortega como "home feito a
si mesmo". Xornalistas franceses foron máis contundentes.
Por
iso imos mostrar o video que Amancio Ortega non quere que vexas e distribuir un
caderno para a acción solidaria destapando a trastenda de INDITEX.
SÁBADO 13 DE ABRIL NO “KUNSTHALLE” (Rúa da Conga 8)
19:30h
Referencia:
Cristina Bandín 669408855
Enlaces:
No hay comentarios:
Publicar un comentario