jueves, 7 de junio de 2012
A RÚA É NOSA... A RÚA É DE TODOS
O partido SAIn de Galicia manifestará mañá o seu rexeitamento á nova Ordenanza Municipal que pón trabas á liberdade de expresión mediante o cobro de taxas aos colectivos sen ánimo de lucro.
O partido SAIn dende o seu nacemento ten estado nas rúas e prazas de Compostela como servizo aos cidadáns, e especialmente aos máis empobrecidos; e contribúe así a agrandar a democracia na nosa cidade.
Unirémonos a todos os colectivos que queiran manifestar o seu rexeitamento na praza pública poñendo unha mesa informativa no Toural mañá venres 08 de xuño a partir das 18h.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario