Sete campañas sobre as iniciativas do Goberno
GC informou en primicia que a Axencia Galega de Infraestruturas tenta abrir urxentemente un capítulo do orzamento para repartir a dedo 340.0000 euros entre certos xornais. Agora o DOG publica unha resolución da secretaría xeral de Medios para "o desenvolvemento de campañas publicitarias sobre a promoción das iniciativas da Xunta de Galicia en materia de identidade, galeguidade e datas de especial sensibilidade social". Noutras palabras, anuncios sobre a xestión do propio goberno.
O prego de condicións (PDF) inclúe "cinco campañas menores sobre datas sinaladas e de alcance institucional" e dúas sobre as Letras galegas e o 25 de maio. Nas cinco campañas menores a Xunta pagará case 64.000 euros en anuncios e nas das datas sinaladas 250.000 euros. O resto dos cartos serán para a creatividade e as axencias que repartan o orzamento.
Medios, que depende directamente do presidente, gastará 1,2 millóns de euros, adxudicados polo procedemento "urxente e aberto".
Os editores en papel levan case o 60%
Como será o reparto desta volta entre os medios de comunicación? O maior anaco, 58%, irá para á prensa en papel, "nos 6 medios lideres de 7 cidade" e "resto de prensa controlado por EGM ou OJD".
Para os medios en liña queda o 14%. O plan de medios terá que obrigatoriamente "os dixitais dos 6 medios lideres de prensa" e "4 dixitais de prestixio en Galicia nalgún ranking coñecido(alexa ou similar)", segundo figura no prego de condicións.
Fte: Galicia Confidencial

No hay comentarios:
Publicar un comentario