lunes, 26 de septiembre de 2011

OUTRA VEZ... O CARALLO 29





Son moitos os lugares de Galicia onde a expresión “o carallo 29” é sinónimo de escepticismo, sospeita ou simplemente dá por rematada unha discusión que se alonga demasiado.

Pero son poucos os que saben que esta expresión ten a súa orixe histórica nunha lei electoral corrupta de tempos da Restauración. O artigo 29 de dita lei electoral proclamaba automaticamente gañador das eleccións a un candidato cando era o único que se presentaba nun distrito electoral e sen necesidade de celebrar as votacións. Por suposto, os caciques de entón facían todo o posible, legal e ilegalmente, para impedir que ninguén máis, agás eles, se presentaran ás eleccións... e poder así aplicar o artigo 29.

No número 29 da rúa Travesa pode atoparse un singular homenaxe a este artigo da lei electoral.

Pode ser que xa non teñamos aqueles caciques, pero os novos caciques (PSOE e PP) seguen a usar as mesmas trabas.

O apartado 51 do artigo único da Lei Orgánica 2/2011 de 28 de Xaneiro, esixe a sinatura en tan so 20 días do 0,1% dos electores inscritos no censo electoral de cada circunscripción para que os partidos políticos que non estamos no Parlamento poidamos presentarnos ás Eleccións Xerais.


ASINA
POLA DEMOCRACIA
CONTRA O BIPARTIDISMO

SÁBADO 1 DE OUTUBRO RECOLLIDA DE SINATURAS EN: PZA DE CERVANTES, ALFREDO BRAÑAS, PORTA FAXEIRA (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

No hay comentarios:

Publicar un comentario