Trata
publicado 2019-03-06 13:15:00
Raquel C. Pérez
Impunidade Carioca: “Atopámonos cunha fiscalía que defende aos agresores e grupos de poder”
A plataforma cidadá continúa denunciando a deriva dunha macrocausa que investiga a trata e explotación sexual de mulleres na Galiza.O desfile de entroido lucense contou neste 2019 cunha participación especial. Entre bandas de música rock, dragóns chineses, animais ou máquinas de coser as dependentas da Carnicería Carioca chamaron a atención do público, coas súas ofertas e descontos. A performance da plataforma cidadá Impunidade Carioca paseou polas rúas a súa denuncia á deriva dos xuízos da Operación Carioca. Esta macrocausa, en torno a unha rede de trata e explotación sexual forzosa de mulleres, estalou no 2009 no Xulgado nº 1 de Lugo. Hoxe atópase na súa recta final, e a plataforma denuncia que moitas das pezas nas que foi dividida foron arquivadas, ou derivaron na impunidade dos acusados: proxenetas, empresarios e membros das forzas de seguridade do estado. María Barba é unha das integrantes de Impunidade Carioca.
Como nace a plataforma Impunidade Carioca?
A plataforma naceu no momento en que a Fiscalía fai un escrito en relación a peza sobre o club Liverpool. Nesa peza relata unha serie do que nós entendemos que son abusos, proxenetismo, tratos de favor, tráfico de información, prostitución de menores. A Fiscalía vainos relatando á vez que explica que non se perciben delitos, exculpando á vez que describe os actos. Isto fixo saltar as nosas alarmas, porque quedaban outras pezas da Operación Carioca en trámite e tiñamos medo de que sucedese o mesmo. Coa plataforma buscamos organizarnos para informar do que está a acontecer. E tamén para deixar claro que isto importa, que hai unha cidadanía que está preocupada porque se desmantele este Alén da peza do club Liverpool, poñedes o foco noutras pezas da Operación, nas que considerades que a Fiscalía procedeu dun xeito similar.
Na do Liverpool a labor da Fiscalía obrigou a que a peza fose arquivada. A propia xuíza elaborou un escrito de arquivo moi revelador co que está a acontecer. Sinala o que se considera delito, que non poderá ser xulgado pola inacción da Fiscalía. Coa peza do club Queens aconteceu algo similar. Na investigación deste club chegaron a estar imputadas dezaoito persoas. Estaban implicados axentes das forzas de seguridade do estado, policías e gardas civís, e empresarios. A Fiscalía deixa a todas estas persoas fora e só quedan catro persoas acusadas de delito, os proxenetas e donos de prostíbulos.
A explotación sexual non está moitas veces na axenda feminista coa relevancia coa que deberíaTranscorreron máis de dez anos dende o estalido da Operación Carioca. Como informar á cidadanía que non coñece o caso do que aconteceu neste tempo?
As persoas que coñecen a operación manexan información moi desligada. Chéganlles só píldoras, e as tramas da Carioca son moi complexas. De feito a Operación Carioca, ou algunhas das persoas implicadas nela, relaciónase con outras tramas como a Operación Pokémon. A comunicación destes procesos simplifícaos.
Con esta vocación nace o documental Benvidos ao club, da artista Carmen P. Granxeiro en colaboración coa plataforma (gañadora no 2019 do Premio Especial Biznaga de Plata “Afirmando los Derechos de las Mujeres”).
Carmen fai un traballo de documentación moi interesante, a través de entrevistas e de información documental. O que busca é enlazar, fiar, que se entenda a Operación Carioca. As proxeccións superaron con moito as nosas expectativas, houbo unha acollida moi boa por parte da cidadanía e de distintos colectivos. Estamos nun momento social moi bo, no sentido de que a preocupación feminista está moi presente. Pero é certo que a explotación sexual non está moitas veces na axenda feminista coa relevancia coa que debería. Para nós é importante fortalecer este punto na axenda. Mais é certo que moitos colectivos desta liña solicitaron a proxección do documental.
Outra das vosas liñas de traballo foi solicitar á Xunta de Galicia e ao Concello de Lugo que comparezan como acusación popular en varias pezas da Operación Carioca. Como funciona este recurso?
En teoría debería ser a Fiscalía a defensora das vítimas, pero cando atopamos unha Fiscalía que, en vez de defender ás vítimas e atender ás súas realidades, protexe aos agresores e aos grupos de poder, solicitamos ás administracións que comparezan como acusación popular. O custe de presentarse como acusación popular nun xuízo a título individual é moi elevado. Sobre todo nunha operación como esta, que é moi complexa e requiriría un equipo completo de avogados. A Administración comparece en certos casos, como por exemplo os homicidios de mulleres, mais non o fan en casos como este. Por iso decidimos procurar o apoio da cidadanía.
En vez de presentar o caso como a rede mafiosa e proxeneta que é, a Fiscalía faina pasar por delitos puntuaisNa procura dese apoio fixestes distintas accións e puxestes en marcha unha campaña de sinaturas.
Nós procuramos mobilizar colectivos afíns e, por outra parte, sensibilizar á cidadanía. Hai traballos de acción directo, como o documental, e outros que levamos a cabo para crear impacto. Nese senso levamos a cabo a performance Agasallos de cortesía este nadal. Con ela quixemos facer referencia a un escrito da Fiscalía nunha das pezas, nas que establecía que os agasallos que facían os proxenetas a axentes das forzas de seguridade, como ceas, copas, ou servizos sexuais gratuítos segundo a propia xuíza do caso, son os propios que realizaría un empresario no noso marco cultura actual. Non se vía delito nese tipo de agasallos a persoas que ademais teñen o deber de perseguir precisamente estes delitos! Aproveitamos o decorado de Nadal, en forma de paquete de agasallo, metendo a mulleres dentro. Outra acción de impacto é a da carnicería Carioca. Coa carnicería queremos visibilizar como a Fiscalía despezou toda a causa en pezas pequenas, permitindo que prescribisen. Tamén facendo atender de forma parcelada unha operación complexa e interrelacionada. As carniceiras son as fiscais.
Unha reflexión tamén sobre o actual sistema xudicial.
As mulleres parece que desaparecen do panorama, semella que as vítimas desapareceron. Todo o proceso da resposta ás necesidades dos grupos de poder.
No proceso da Operación Carioca chegaron a identificarse en torno a catrocentas mulleres vítimas de trata. Sabedes cal é a súa situación na actualidade?
As súas circunstancias son moi diversas. Houbo mulleres que foron expulsadas, para que non puidesen testificar. Outras recibiron o tratamento de vítimas protexidas, levan unha vida máis ou menos normalizada. E outras continúan nas redes da prostitución.
Haz posible un medio radicalmente diferente
Por eso, el 70% de nuestra financiación viene de las socias. Y el resto, de publicidad ética y ventas. Por eso, no tenemos directores, nadie cobra más y no permitimos contenidos patrocinados. Por eso, la propiedad de El Salto es colectiva.
Somos un medio con principios. Y también con un fin: cambiarlo todo. Contigo podemos conseguirlo.
rede mafiosa e proxeneta.