A CIG de Ourense asegura que Inspección de Traballo e Seguridade Social
de Ourense esixe a unha das adxudicatarias das obras do AVE que reduza a
xornada laboral dos seus asalariados. En concreto á compañía Vía e
Construcións S.A. que traballa nun dos túneis.
O sindicato leva meses alertando da "xornadas de traballo que chegaban
nalgúns casos a 12 horas diarias durante seis días da semana", "máis do
dobre da xornada máxima permitida", nestas obras. A central entende que
baixo as condicións actuais non se garante a seguridade dos obreiros
nunhas obras que xa sufriron varios accidentes mortais.
A CIG pide a intervención da Xunta, pois argumenta que as competencias
de prevención de accidentes en obras como os túneis dependen do Goberno
Galego.
Fte: Galicia Confidencial