
O Partido SAIn (Solidaridad y Autogestión Internacionalista) de Santiago de Compostela dirixiuse ao Alcalde e a cada un dos Concelleiros do Concello de Santiago de Compostela por escrito para solicitar o seu aval á candidatura que presentará ás Eleccións Xerais do 20 de novembro.
A reforma da Lei Orgánica de Réxime Electoral aprobada no Congreso dos Deputados o 28 de xaneiro de 2011 impón aos partidos que non acadaron representación nas Cortes Xerais na anterior convocatoria electoral, que recollan o aval en forma de sinatura do 0,1% dos electores do censo provincial en cada provincia na que desexan presentar candidatura en apenas quince días. Na provincia de A Coruña son necesarias case 1000 sinaturas, a nivel nacional 40.000.
O Partido SAIn en Santiago está traballando para recoller as sinaturas necesarias que lle permitan presentar a súa candidatura para facer valer a voz dos empobrecidos nas institucións. Con motivo desta obriga de recoller sinaturas o Partido SAIn entregará mañá no Rexistro do Concello un escrito dirixido aos Concelleiros e ao Alcalde da cidade para recoller as súas sinaturas como aval.
O Partido SAIN afirma en dito escrito: “Cremos que é o seu deber como representante dos cidadáns de Santiago de Compostela traballar por estender e agrandar a democracia na nosa cidade. Isto supón, entre outras cousas, facilitar aos nosos concidadáns a maior variedade posible á hora de elixir o voto nas mesas electorais do vindeiro 20 de novembro”.
Deste xeito, o Partido SAIn agarda o aval dos vintecinco concelleiros “non coma un apoio ás posicións políticas do noso partido, senón como unha mostra do seu compromiso cunha democracia máis auténtica”
Con acciones así nos puede quedar más claro hasta qué punto se trata de "discursos gratuitos" o hechos de justicia y democracia.
ResponderEliminarSe les llena la boca a nuestros gobernantes cuando hablan y dicen defender o luchar por...
Ahora se les brinda la ocasión de demostrarl.
¡Arriba los pobres del mundo!